Precisión e exactitude

En enxeñería, ciencia, industria e estatística, exactitude e precisión non son equivalentes. Exactitude é capacidade para achegarse á magnitude real e precisión é a capacidade de realizar medidas similares.

Exactitude é a proximidade dos resultados de medición ó valor real; precision, a repetibilidade, ou reproducibilidade da medición.

Unha analoxía útil editar

Varias medidas son como frechas disparadas cara a un obxectivo. A exactitude describe a proximidade das frechas ao centro do obxectivo. As frechas que impactaron máis preto do centro considéranse máis exactas. Máis preto están as medidas a un valor aceptado, máis exacto é un sistema.

A precisión, neste exemplo, é o tamaño do grupo de frechas, máis próximas estean as frechas que impactaron entre si, máis preciso será o sistema. Hai que notar que o feito de que as frechas estean moi próximas entre si é independente a que estean preto do obxectivo.

Cuantificando exactitude e precisión editar

Idealmente un instrumento é exacto e preciso con medidas todas próximas entre si e á vez, próximas ao valor desexado.

A exactitude e precisión do proceso de medida é establecido pola medida repetida dalgún estándar de unidade de referencia que sexa traceable.

A precisión é normalmente caracterizada en termos de desvío estándar das medidas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar