Praia da Ameixida

A praia da Ameixida está situada na comarca da Barbanza, no suroeste da provincia da Coruña, no concello de Ribeira, no lugar de Mosqueiros da parroquia de Castiñeiras. Atopámola na estrada que vai de Ribeira a Aguiño pola costa, a 4 quilómetros da vila, situada na marxe esquerda da calzada.

Praia da Ameixida
Coordenadas: 42°32′18″N 8°59′16″O / 42.538199999714, -8.9878999999922
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
Lonxitude200 m
Largo medio30 m
Grao de ocupaciónMedia
Grao de urbanizaciónNingún
Paseo marítimoNon
Características específicas
ComposiciónMedio-fina
Condicións do bañoAdecuada para o baño
Aspectos medioambientais
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosSi
Tipo de accesoRamplas de formigón

Características editar

Trátase dunha praia resgardada, con forma de enseada, de condicións adecuadas para o baño que conta cun embarcadoiro de recreo ao seu carón. A area branca é de gran medio-fino. As súas augas tranquilas presentan unha temperatura media de 16/17 °C. Na temporada estival presenta unha ocupación media. As dornas preto da beira ou mesmo fondeadas outórganlle un aire enxebre e mariñeiro. Praia con bandeira azul en 2010. Conta con aparcadoiro, duchas, retretes, pasarenas, vixilancia e socorristas.