Prague é unha cidade do Condado de Lincoln, no estado de Oklahoma (Estados Unidos).

Modelo:Xeografía políticaPrague, Oklahoma
Imaxe

Nomeado en referencia aPraga Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°29′10″N 96°41′16″O / 35.4861, -96.6878Coordenadas: 35°29′10″N 96°41′16″O / 35.4861, -96.6878
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoOklahoma
CondadoCondado de Lincoln (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.356 (2020) Editar o valor em Wikidata (271,34 hab./km²)
Número de fogares887 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie8,682785 km² Editar o valor em Wikidata
Auga10,589 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude308 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal74864 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico405 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpragueok.org Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

Segundo o censo do ano 2000, Prague contaba don 2.138 habitantes, 864 vivendas e 567 familias.[1] A densidade de poboación era de 469 habitantes por km².[2]

Das 864 vivendas, nun 31,9 % residían nenos de menos de 18 anos, nun 49,9 % vivían parellas casadas, nun 11,6 % mulleres solteiras, e o 34,3 % non eran unidades familiares. No 30,9 % das vivendas residían persoas soas, das cales o 17 % correspondía a persoas maiores de 65. O número medio de persoas por vivenda era de 2,34 e o número medio de persoas por familia era de 2,91.[1]

Por idades, a poboación repartíase do seguinte xeito: un 25,3 % tiña menos de 18 anos, un 7,8 % estaba entre os 18 e os 24 anos, un 27,6 % entre os 25 e os 44 anos, un 19,9 % entre os 45 e os 60 anos, e un 19,4 % tiña 65 anos ou máis.

A idade media era 39 anos. Por cada 100 mulleres de 18 anos ou máis había 81,9 homes.[1]

A renda media por habitante era de 26.779 $ e a renda media por familia de 32.137 $. Os homes tiñan unha renda media de 24.083 $, mentres que a das mulleres era de 19.438$. A renda per cápita da poboación era de 14.381 $. En torno ao 11,3 % das familias e o 17 % da poboación estaban per embaixo do limiar de pobreza.

Historía editar

Prague foi poboada orixinalmente por inmigrantes checos, que lle deron á súa nova cidade o nome de Prague. Cada ano, o primeiro sábado do mes de maio ten lugar o Kolache Festival, unha festividade sobre a cultura checa da patria nai. Pódese obter máis información no Prague Historical Museum (Museo Histórico de Prague) na rúa principal da cidade, o Jim Thorpe Boulevard, que recibe o nome en honor ao atleta olímpico Jim Thorpe (nacido na cidade). Como reflexo da herdanza católica checa, Prague é tamén o fogar do Santuario Nacional do Neno Xesús, que atrae a numerosos visitantes cada ano.[3]
O 24 de maio de 1952, o gurú indio Meher Baba resultou grávemente ferino nunha colisión automobilística preto de Prague.[4]

O 5 de novembro de 2011, unha serie de sismos sacudiron as proximidades de Prague, a primeira delas du magnitude 4,7 ás 2:15 AM (CST), seguida dunha serie de réplicas, e logo un segundo sismo de magnitude 5,6 ás 10:53 PM (CST), o sismo máis grande rexistrado na historia de Oklahoma. Os sismos continuaron días máis tarde, rexistrándose ás 8:45 PM do 7 de novembro de 2011 un novo sismo a cinco millas ao noroeste de Prague.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Oficina do Censo dos Estados Unidos, ed. (12 de xaneiro 2010). "Fact Sheet- Prague". American Fact Finder. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  2. Oficina do Censo dos Estados Unidos, ed. (12 de xaneiro 2010). "Geographic Comparison Table- Prague". American Fact Finder. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  3. "The National Shrine of the Infant Jesus of Prague, Oklahoma". The National Shrine of the Infant Jesus of Prague, Oklahoma. 2007. 
  4. Kalchuri, Bhau (1986). Meher Prabhu: Lord Meher, The Biography of the Avatar of the Age, Meher Baba. Manifestation.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar