A praecipitatio é un trazo suplementario das nubes, consistente nas precipitacións que dela caen e que acadan a superifice da terra. Poden ser de moi diversos tipos: chuvia, orballo (tamén mormaceira, baión, borralleira, chuvia miúda, orballo, chuvisca, babuxa, chuviscada, froallo, lapiñeira, patiñeira, poalleira ou zarzallo), chuvasco, relente, sarabia, pedrazo, neve, neve granulada, cinarra, xeo granulado, prismas de xeo ou corisco.

Nimbostratus praecipitatio

Pode aparecer en nubes dos xéneros altocumulus, altostratus, nimbostratus, stratus, stratocumulus, cumulus ou cumulonimbus.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas editar