Pría, Llanes
parroquia do concello de Llanes (Asturias)
Pría é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias.[1] En 2016 tiña unha poboación de 478 habitantes (segundo o INE) repartidos en 10,84 km² nos lugares de Belmonte, Garaña, Llames, La Pesa, Piñeres de Pría, Silviella e Villanueva.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Concello | Llanes | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 465 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 111 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33036210000 | ||||
Lugares de interese turístico editar
Hai tres praias, a de Guadamía na vila de Llames, a de Canal en Villanueva e a de Cueves del Mar, que limita coa parroquia polo leste. Pódese percorrer a pé o treito que hai entre a praia de Guadamía e a da Cueves seguindo a ruta dos bufóns de Pría (buratos que comunican os cantís co mar).
O Pazo de Garaña, na localidade homónima, foi construído a finais do século XIX como residencia de verán dos marqueses de Argüelles.
Galería de imaxes editar
-
Inmediacións dos bufóns de Pría.
Notas editar
- ↑ "Determinación dos topónimos oficiais do concello de Llanes" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 17 de novembro de 2020.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pría, Llanes |