O Präsident foi un automóbil fabricado por Nesselsdorfer Wagenbau - Fabriks-Gesellschaft AG (NW, agora coñecido como Tatra) en 1897. Foi o primeiro automóbil con motor de gasolina producido en Austria-Hungría, así como en Europa do Leste[1] (agás o intento de Siegfried Marcus de Viena de construír un coche autopropulsado en 1875). Foi construído por Leopold Sviták e Hans Ledwinka. O automóbil era máis unha carruaxe sen cabalos que un coche en sentido moderno. O coche era guiado a través dun guiador. A carrozaría de madeira asentábase sobre un marco de ferro. Tiña catro asentos e unha capota cabriolé que cubría soamente os asentos traseiros. Ambos eixes tiñan suspensión de béstas semielípticas. As rodas eran similares ás dun coche de cabalos, pero tiña uns pneumáticos de goma. O coche tiña un motor Benz de dous cilindros colocado no eixe traseiro.

Nesselsdorf Präsident

Outros nomes Nesselsdorfer Wagenbau-Fabriks-Gesellschaft Präsident
Fabricante Nesselsdorfer Wagenbau-Fabriks-Gesellschaft (Agora Tatra)
País Austria Austria
Deseño Leopold Sviták
Hans Ledwinka
Edmund Rumpler
Montaxe Nesselsdorf, Marca de Moravia, Cisleitania
Período 1897
Configuración
Carrozaría Faetón
Dimensións
Lonxitude 3225 mm
Anchura 1472 mm
Altura 2290 mm
Distancia eixes 1780 mm
Peso 1072 kg
Características técnicas
Motor Motor Benz de 2714 cc

Historia editar

Ignác Šustala, un experto carpinteiro, comezou a fabricar coches de cabalos na súa granxa. En 1853 pediu diñeiro prestado e estableceu unha pequena fábrica. Inicialmente alí fixéronse coches de cabalos, pero pronto comezou a fabricar tamén vagóns de ferrocarril. Pouco antes da súa morte Ignác Šustala estableceu a sociedade anónima Nesselsdorfer Wagenfabrik.

O director da empresa Hugo Fischer comprou a Carl Benz un automóbil Benz Phaeton, así como o último motor Benz; isto foi recomendado polo barón Theodor von Liebieg de Liberec, que co seu coche percorrera en 1894, 2500 km por Europa sen grandes dificultades dando fama ó Benz Viktoria e consecuentemente a gratitude de Carl Benz. O Phaeton foi utilizado como modelo para a construción do primeiro coche da fábrica en 1897, con todo non é unha copia do Phaeton, xa que aplicouse unha nova concepción enteira. Leopold Sviták, capataz da fábrica, foi o responsable da construción. O automóbil foi nomeado como Präsident, a construción foi terminada en maio de 1898.

 
Präsident no Museo Técnico Nacional da República Checa.

Deseño editar

O coche tiña un motor Benz de dous cilindros de catro tempos aceso por faísca. Tiña dúas velocidades con tracción ao eixe traseiro a través dunha correa plana.

A carrozaría derivouse dun coche de cabalos tipo Mylord. Na época NW era coñecida entre as monarquías polos seus luxosos carruaxes, e o automóbil fíxose de acordo con este deseño.

Era capaz de alcanzar ata 30 km/h. Tiña catro asentos, os dous asentos traseiros podíanse cubrir cun teito convertible. O coche estaba guiado por un guiador. Inclinando o guiador cara a adiante ou cara a atrás podíase cambiar de marcha (adiante - marcha máis baixa). As rodas eran de madeira con lamias de goma.

Nada máis rematalo o primeiro automóbil foi conducido desde Kopřivnice a Viena para tomar parte no Salón do automóbil. Os condutores foron Hugo Fischer e o barón Theodor Liebig. Levoulle 14,5 horas percorrer a distancia de 328 km a unha velocidade media de viaxe de 22´6 km/h e non houbo problemas nin avarías significativos efectos durante a primeira viaxe.[2]

As características únicas do coche eran o diferencial e un parachoques funcional.[3]

O Präsident hoxe editar

Orixinal editar

O primeiro coche atópase no Museo Técnico Nacional da República Checa e segue sendo manexable. Desafortunadamente, antes de que fose entregado ao Museo en 1918, foi utilizado en Austria e sufriu algunhas modificacións, que violaron o deseño orixinal (incluíndo o cambio de motor).[2] O motor que está agora no Präsident é probablemente o primeiro que se fixo en Kopřivnice, logo de que se iniciase a fabricación de motores en 1900.[4]

 
Réplica do Präsident no museo de fábrica de Tatra.
 
Réplica do motor Benz en 1977 na réplica do Präsident.

Replica editar

Un grupo de entusiastas da fábrica Tatra fixeron unha réplica exacta do Präsident orixinal de 1897 en 1977, que agora pódese ver no museo da fábrica Tatra en Kopřivnice.

Hai varias razóns polas que se construíu a réplica. En primeiro lugar, a empresa quería ter o Präsident para as celebracións do centenario, e en segundo lugar o orixinal sufriu modificacións do motor, accesorios, luces, capota, así como de cor, e polo tanto non podía representar o primeiro coche da fábrica. O traballo da réplica iniciouse en marzo de 1974.

Sobreviviron 60 planos orixinais da documentación do deseño, pero tiveron que ser feitos outros 1150, para o que se utilizou o Präsident orixinal. A produción levouse a cabo na fábrica de Tatra e estivo a cargo dos seus enxeñeiros, así como de traballadores xubilados do departamento técnico.

O motor foi fabricado tamén por Tatra. Fixéronse catro, un para o "novo" Präsident, un para o Museo Técnico Nacional, onde está en exposición preto do Präsident orixinal (que ten un motor máis grande do que se construíu), e os outros dous foron feitos para unilos como un catro cilindros utilizado nunha réplica do primeiro camión. A réplica funciona e atópase en exhibición no museo da fábrica Tatra.[5]

Legado editar

Os primeiros coches de Kopřivnice, que se fixeron artesanalmente, seguiron o deseño do Präsident e deriváronse del. Foron nomeados como Meteor, Nesselsdorf, Wien. Bergsteiger, Versucher, Adhof, Spitzbub, Balder e Metrans. Eles difiren en detalles de deseño; a correa de transmisión substitúese por unha caixa de engrenaxes de catro velocidades con engrenaxes de dentes rectos.

En 1899, os coches NW Wien e Nesselsdorf, lograron o seu primeiro éxito importante en competición, no curso dunha carreira no Parque Prater de Viena. Foi a primeira carreira en Austria, o 23 de outubro de 1899. O piloto gañador co coche NW Wien foi o barón Theodor von Liebig. O outro coche NW Nesselsdorf foi o segundo por diante dos catro automóbiles Benz e dos catro coches Dietrich-Bollee.

Para os modelos posteriores utilizouse o alfabeto (A, B, S, T, U ...), e desde ao redor de 1921 cando a compañía cambiou o nome polo de Tatra, usa números para nomear os modelos (11, 12, 20 ...). Un ano logo da fabricación do Präsident, foi construído o Primeiro camión.[6] A fabricación de automóbiles continuou en Kopřivnice ata 1998 co último coche Tatra T700. A fabricación de camións pesados continúa ata hoxe.

Incluso os modelos de hoxe en día (por exemplo, Tatra 815) seguen as características de deseño únicas (por exemplo, o tubo de columna central con semieixos oscilantes), que foi ideado por Hans Ledwinka en 1920, quen participou na construción do Präsident. Ao longo do tempo, Tatra introduciu conceptos revolucionarios no mundo do automóbil como a aerodinámica do coche moderno a través do modelo Tatra T77, así como o deseño dun "coche popular" a través do Tatra V570 e o Tatra T97. Con todo, os 40 anos de economía planificada de Checoslovaquia fixeron que a empresa se especializara en camións pesados todo terreo, mentres que a fabricación de automóbiles foi secundaria. Os anos de axitación logo da Revolución de Veludo levaron a Tatra ao bordo da creba e polo tanto a fabricación de automóbiles foi abandonada, e só continua a produción de camións pesados.

Notas editar

  1. Tatra. www.myetymology.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016.
  2. 2,0 2,1 "Z galerie Veteranóv (From the gallery of veterans - The first car from Kopřivnice)". Dr. Vlastimil Mareš, magazine Stop 8/1984. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 2010-06-14. 
  3. Tatra - Passenger Cars, Karel Rosenkranz, TATRA, a. s., 2007
  4. "Setkání s kopřivnickým prvorozencem (Meeting with the first-born from Kopřivnice)". Svět motorů 27/1978. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 2010-06-14. 
  5. "Tatra Präsident - rok výroby 1977 (Tatra - Präsident - year of manufacture 1977)". Dr. S. K., Svět motorů 50/1977. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 2010-06-14. 
  6. "President vyjel! (President has driven out!)". Svět motorů 23/1973. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 2010-06-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar