Potentilla erecta

especie de planta

Potentilla erecta é unha especie de planta con flores (anxiospermas) pertencente á familia das rosáceas.

Ilustración científica
Selo postal das illas Faroe

A autoridade científica da especie é ( L. ) Raeusch., tendo sido publicado en Nomenclator Botanicus, ed. 3 152. 1797.

Nome editar

Popularmente é coñecida en lingua galega como consolda, solda ou néboda.[1][2]

Presenza editar

 
Flor

É unha especie presente en Asia e Norte de Europa,[1] tamén na Península Ibérica e en toda a franxa atlántica europea desde as illas Feroe a todo o Portugal continental, Galiza e o arquipélagos de Madeira e Azores.[3][4]

Protección editar

Non se encontra protexida por lexislación galega, española, portuguesa ou europea.

Usos editar

As follas son ​​brillantes e palmadas cun longo pecíolo nas follas da raíz. A raíz é grosa e con ela prepárase unha loción que se utiliza para deter a diarrea. En tempos de necesidade utilizouse para a alimentación humana e para tinguir o coiro de vermello.

Esta planta foi moi utilizada na antigüidade pero a introdución da raíz da ratania do Perú fixo que caese en desuso.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Potentilla_erecta USU.pdf". Arboretum de Galicia. Consultado o 2022-08-27. 
  2. "Dicionario de dicionarios; néboda". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  3. "Grupo de Botânica da Madeira". www4.uma.pt. Consultado o 2022-08-27. 
  4. "Pesquisa, potentilla". azoresbioportal.angra.uac.pt. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.