Pota
Todarodes sagittatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Teuthida
Suborde: Oegopsina
Familia: Ommastrephidae
Subfamilia: Todarodinae
Xénero: Todarodes
Especie: T. sagittatus
Nome binomial
Todarodes sagittatus
(Lamarck, 1798)
Sinonimia
Véxase o texto

A pota, choupa ou lura pota,[2] é un molusco cefalópodo mariño da orde dos téutidos, suborde dos egopsinos. É a especie tipo da familia, da subfamilia e do xénero.[3]

O nome procede da palabra catalá pota, que quere dicir pouta.[4]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1798 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck baixo o nome de Loligo sagittata.[3]

Nome vulgar editar

O seu nome vulgar en galego é, como quedou dito, pota ou lura pota.[2]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Ommastrephes sagittatus (Lamarck, 1798)
  • Ommastrephes todarus (Rafinesque, 1814)
  • Sthenoteuthis todarus (Rafinesque, 1814)
  • Loligo sagittata Lamarck, 1798
  • Loligo aequipoda Rüppell, 1844
  • Sepia minor Seba, 1758
  • Loligo brasiliensis Férussac, 1823
  • Sepia loligo Gmelin, 1789

Características editar

 
Lámina de Todarodes sagittatus

Como os demais cefalópodos, as potas teñen cabeza diferenciada, simetría bilateral, manto, oito brazos con función alimenticia e dous tentáculos máis longos con función reprodutiva.

Perderon a cuncha dos seus devanceiros na súa evolución, conservando só unha pluma no interior do manto que serve para lles dar rixidez e apoio aos músculos.

Malia teren dúas aletas, estas xeralmente non son o seu medio de propulsión, senón que a conseguen exectando auga a presión a través dun sifón.

Son grandes nadadoras, e poden 'voar' en distancias curtas fora da auga.[5]

A pel está cuberta de cromatóforos, o que lles permite camuflar a súa cor cos seus arredores.

Pesca e comercialización editar

A pesca das potas é por pesca de arrastre en altura, e usando poteiras cando se fai en pesca de baixura. É unha especie con valor comercial polo seu uso gastronómico, similar ao das luras pero de menor calidade. Son obxecto de gran comercialización e consumo en forma de aneis conxelados, para o seu cociñado á romana.

Notas editar

  1. Barratt, I., Allcock, L. & Laptikhovsky, V. (2014): Todarodes sagittatus na Lista vermella da UICN. Consultada o 5 de setembro de 2023.
  2. 2,0 2,1 pota, 2ª acepción, no Dicionario da RAG
  3. 3,0 3,1 3,2 Todarodes sagittatus (Lamarck, 1798) no WoRMS. Consultado o 5 de setembro de 2023.
  4. pota, 1ª acepción no DRAE.
  5. Jabr, F. (2010): Fact or Fiction: Can a Squid Fly Out of the Water? Scientific American, 2 de agosto de 2010.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar