Coordenadas: 43°28′36″N 8°14′24″O / 43.4766, -8.24008

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Porto de Ferrol
Peiraos comerciais do porto
Contrasinal marítimo da provincia marítima de Ferrol á que pertence.
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeFerrol
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
PropietarioPortos do Estado
TipoComercial
Tamaño280 239 m²
Embarcadoiros1 477,8 m
Empregados80
PresidenteJosé Manuel Vilariño
Capacidade de almacenamento28 697 m²
Estatísticas
Tonelaxe12,2 millóns de toneladas (2017)[1]
Ingresos17,2 millóns de euros (2016)
Beneficios4,2 millóns de euros
Principais importaciónsCarbón, chatarra
Principais exportaciónsMaquinaria, madeira, peixe
Tráfico ferroviarioVagóns de carga.
http://www.apfsc.com
Vista xeral.

Consiste nunhas instalacións no interior da ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría.

É un porto moi especializado nas mercadorías a granel —carbón para a central térmica das Pontes, ferralla para a empresa siderometalúrxica Megasa, madeira e derivados— e na exportación de maquinaria, como aeroxeradores e as súas pezas, ou papel prensa transportado en tren. Existe unha lonxa de peixe en fresco cunha frota pesqueira de baixura. Tamén hai porto deportivo en Curuxeiras e nos meses de verán chegan ao porto cruceiros turísticos. O porto tamén ten terminal propia de carga ferroviaria.

Ría de Ferrol editar

Na ría de Ferrol ademais do porto existen outras instalacións relacionadas:

  • Na Graña, instalacións militares para aprovisionamento dos buques da Armada Española.
  • En Ferrol, esteleiros Navantia (antiga Bazán). Construción de buques militares, reparacións de buques militares e civís.
  • En Fene, estaleiros Navantia, (antiga Astano). Construción naval e reparación de buques.
  • En Mugardos, Forestal do Atlántico —con porto para graneis— e Reganosa. Ambas do Grupo Tojeiro.
  • Porto de Mugardos. Instalacións pesqueiras para pequenos buques.

Notas editar

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.