O porto de Aubisca, en occitano còth d'Aubisca e en francés col d'Aubisque, é un porto de montaña dos Pireneos, en territorio francés.

Porto de Aubisca
Hotel des Crètes Blanches, na estrada que sobre ao porto de Aubisca.

Xeografía editar

O porto de Aubisca é un paso de montaña situado a 1.709 m de altitude, a uns 30 km ao sur de Tarbas e Pau. Administrativamente pertence ao concello de Aigas Bonas, no departamento de Pireneos Atlánticos, localizado na rexión de Aquitania.

O paso atópase na aba setentrional do pico de Ger (2.613 m) e conecta Laruntz, no val de Aussau con Argelèrs ao leste, no val de Pau, a través do porto de Soulor. A estrada cruza polo circo glaciar do Litor, na parte superior do val de Ouzom. Normalmente permanece pechado ao tráfico entre decembro e xuño.

Dende Laruntz hai 16,6 km de estrada ata o porto. Esta aba oeste cobre un desnivel total de 1.190 m cunha pendente media de 7,2%. As primeiras ramplas, que pasan por Aigas Bonas, son cómodas, pero despois da fervenza de Valentín a pendente acada unha sección do 13%. Despois quedan uns 8 km cun 8% de costa que cruzan pola estación de esquí de Goreta, a 1.400 m. A subida do porto dende o leste comeza no porto de Soulor. Dende este pico, a subida é de 10,6 km onde se gañan uns 235 m netos, atravesando o circo glaciar de Litor.

Tour de Francia editar

A primeira vez que o Tour de Francia cruzou este porto foi en 1910, e fíxoo o ciclista François Lafourcade. É o segundo porto máis cruzado do Tour, se ben só tres tiradas remataron nel.

Metas editar

Tres tiradas do Tour de Francia tiveron o seu final no porto de Aubisca: en 1971, en 1985 e en 2007.

Ano Tirada Lugar de comezo da tirada Distancia (km) Categoría do porto Vencedor Líder do Tour
2007 16 Orthez 218.5 Categoría especial Michael Rasmussen Michael Rasmussen
1985 18 Luz-Saint-Sauveur 52.5 1 Stephen Roche Bernard Hinault
1971 16 Bagnères-de-Luchon 145 1 Bernard Labourdette Eddy Merckx

Pasos do Tour polo porto de Aubisca editar

Producíronse 42 pasos do Tour polo porto de Aubisca dende 1947, o que a converte no segundo porto máis cruzado da rolda gala.

Ano Tirada Categoría Líder ao pasar polo cumio
2007 16 Categoría especial Michael Rasmussen
2005 16 Categoría especial Cadel Evans
2002 11 Categoría especial Laurent Jalabert
2000 10 Categoría especial Javier Ochoa
1999 16 1 Alberto Elli
1998 10 Categoría especial Cédric Vasseur
1996 17 1 Neil Stephens
1995 16 2 Tirada neutralizada
1993 17 1 Claudio Chiappucci
1991 13 Categoría especial Guido Winterberg
1990 17 Categoría especial Óscar Vargas
1989 9 Categoría especial Miguel Indurain
1987 14 Categoría especial Thierry Claveyrolat
1985 18b Categoría especial Reynel Montoya
1983 10 Categoría especial Lucien Van Impe
1982 12 1 Beat Breu
1980 13 Categoría especial Maurice Le Guilloux
1977 2 Categoría especial Hennie Kuiper
1976 15 1 Wladimiro Panizza
1972 7 1 Wilfried David
1971 16 1 Bernard Labourdette
1970 19 1 Raymond Delisle
1969 17 1 Eddy Merckx
1968 12 1 Julio Jiménez
1967 17 1 Jean-Claude Theilliere
1966 10 1 Tomasso De Pra
1965 9 1 Julio Jiménez
1964 16 1 Federico Bahamontes
1963 10 1 Federico Bahamontes
1961 17 1 Eddy Pauwels
1960 10 1 Graziano Battistini
1958 13 1 Federico Bahamontes
1957 18 1 Jean Dotto
1956 11 1 Valentin Huot
1955 18 1 Charly Gaul
1954 11 1 Federico Bahamontes
1953 10 1 Jesús Loroño
1952 18 1 Fausto Coppi
1951 13 1 Raphaël Géminiani
1950 11 1 Jean Robic
1949 11 1 Fausto Coppi
1948 7 1 Bernard Gauthier
1947 15 1 Jean Robic