Portal:Música rock/Artigo Destacado/arquivo

Aquí están todas os artigos que foron no seu momento destacados:

2013 editar

Abril editar

Nine Inch Nails (abreviado como NIN e escrito como NIИ) é unha banda de rock industrial estadounidense formada en Cleveland, Ohio en 1988 por Trent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela. No escenario, NIN adoita empregar espectaculares elementos visuais para acompañar a actuación, que frecuentemente remata cos músicos escachizando os seus instrumentos.



Maio editar

Sonic Youth é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en Nova York no ano 1981, e actualmente trátase dunha das máis respectadas e influentes dentro da escena do rock alternativo. A formación actual consiste nos guitarristas Thurston Moore e Lee Ranaldo, a baixista Kim Gordon (os tres fundadores da banda) e o batería Steve Shelley, que se uniu a eles en 1985. Recentemente recrutaron tamén ao baixista Mark Ibold, membro da banda Pavement. A banda atópase en hiato dende o ano 2011.



Xuño editar

Tool é unha banda de metal progresivo estadounidense formada en 1990 nos Ánxeles. A súa formación actual está composta por: Maynard James Keenan (voz), Adam Jones (guitarra), Danny Carey (batería) e Justin Chancellor (baixo). Este último substituíu ao baixista orixinal da banda, Paul D'Amour, en 1995.

Tool comezou facendo un son heavy metal no seu primeiro álbum de estudio, Undertow, editado en 1993, e posteriormente converteuse nunha importante banda da escena do metal alternativo coa edición do seu segundo traballo en 1996, Ænima. Os seus esforzos por unir a experimentación musical, as artes visuais e unha mensaxe de evolución persoal continuou con Lateralus, aparecido en 2001, e o seu máis recente 10,000 Days (2006), conseguiu un gran éxito de crítica e público en todo o mundo.