Porta de Auga de Snits

A Porta de Auga de Snits ('Watterpoarte en frisón e Waterpoort en neerlandés) é unha porta sobre a auga que data de 1613 e que forma parte da antiga muralla da cidade frisoa de Snits, que a conectaba co porto situado ao suroeste da cidade, que servía ao comercio da ruta entre as cidades de Ljouwert e Starum, que conectaba coas rutas de Holanda. Aínda que a comezos do século XVIII se botou abaixo o muro, esta porta de auga deixouse intacta [1], mentres que o resto das portas, tanto de auga como de terra, se destruíron totalmente.

A porta orixinal levantouse xunto co resto do muro da cidade contra 1492, coñecíase co nome de Hoogendster pijp, e en 1613 construíuse a actual porta ornamental ao perder a súa función militar, que pasou a ser o símbolo da cidade. O seu estilo pódese describir como manierista, non se sabe con certeza quen o deseñou, aínda que se suxeriron nomes como o de Thomas Berentsz ou Jacob Lous. Sobre a porta álzase unha loggia e sobre ela estaban os cuartos dos vixilantes. En cada lado hai unha torre octogonal. Está declarado Monumento Nacional.[2]. A partir de 1825 perdeu a súa función ao deixar de se pechar polas noites.

Notas editar

  1. Stenvert, R. et al. (2000). Monumenten in Nederland: Fryslân, p. 277, 281
  2. "kich.nl (Kennisinfrastructuur Cultuurhistorie)". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 2010-08-27.