Porno for Pyros é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1992 nos Ánxeles (California) tras a separación de Jane's Addiction.[1] O grupo formárono os membros dese grupo Perry Farrell (voces) e Stephen Perkins (batería), xunto con Peter DiStefano (guitarra) e Martyn LeNoble (baixo).[2] O baixista Mike Watt foi membro da banda entre 1995 e 1998, e posteriormente en aparicións únicas nos anos 2020 e 2022.

Porno for Pyros
OrixeOs Ánxeles, California,
Período1992 - 1998
2009
2020
2022 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
MembrosPerry Farrell
Stephen Perkins
Martyn LeNoble
Peter DiStefano
Antigos membrosMike Watt
Na rede
Last fm: Porno+for+Pyros Musicbrainz: 211ee5ca-67e3-4845-8313-6e6cbab95b1b Songkick: 409518 Discogs: 252152 Allmusic: mn0000355208 Genius: Porno-for-pyros Editar o valor em Wikidata

A banda publicou dous álbums de estudio, Porno for Pyros (1993) e Good God's Urge (1996), antes de entrar en hiato en 1998.[1] No ano 2009 a formación orixinal reuniuse para unha única aparición na festa do 50 aniversario de Perry Farrell. En 2020, a formación da época de Watt reuniuse para o Lolla2020, un evento gratuído emitido a través de YouTube durante as corentenas globais debidas ao COVID-19. Tras a actuación, membros do grupo continuaron traballando xuntos en material novo,[3] e en 2022 Farrell e Perkins reuniron Porno for Pyros para realizar a súa primeira serie de actuacións a grande escala en 24 anos, volvendo a xuntarse a súa formación orixinal.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Porno for Pyros 1993 Warner Bros.
Good God's Urge 1996 Warner Bros.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The Virgin encyclopedia of popular music (Concise ed ed.). London: Virgin in association with Muze Inc. 1997. pp. 963/4. ISBN 1-85227-745-9. OCLC 38189417. 
  2. "Porno for Pyros Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-11. 
  3. Blabbermouth (2021-07-23). "PORNO FOR PYROS Is Working On New Music". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2022-11-11.