Pop psicodélico

subxénero da música pop

O pop psicodélico (ou acid pop[1]) é música pop que contén características musicais asociadas á música psicodélica.[2] Desenvolvido de mediados a finais da década de 1960, entre eses elementos atópanse características psicodélicas como guitarras con fuzz, manipulación de cintas, gravación cara a atrás, sitares, e harmonías como as dos Beach Boys, unidos a cancións melódicas con estruturas axustadas.[2] TO estilo durou ata principios dos anos 70,[2] e tivo varios rexurdimentos en décadas posteriores protagonizados por artistas de neopsicodelia.[3]

Pop psicodélico
Orixe musicalpop, psicodelia
Orixe culturalmediados dos 60 nos Estados Unidos e o Reino Unido
DerivadosNeopsicodelia

Características editar

Segundo AllMusic, o pop psicodélico non era demasiado "freaky", pero tampouco era moi "bubblegum".[2] Apropiouse dos efectos asociados á propia música psicodélica aplicando as súas innovacións a cancións pop concisas.[2] A música limitábase ocasionalmente ao estudo, pero existían excepcións máis orgánicas cuxa psicodelia era brillante e melódica.[2] AllMusic engade: "O que é [estrano] é que algún pop psicodélico é máis interesante que a psicodelia media, xa que tiña mesturas estrañas, e ás veces incómodas, de psicodelia e convencións pop – o álbum de 1969 de Neon Philharmonic The Moth Confesses é un excelente exemplo diso".[2]

Notas editar

  1. "The Beach Boys' 'Pet Sounds' and 50 Years of Acid-Pop Copycats". The Kind. 2016-11-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2016. Consultado o 2023-10-02. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Psychedelic Pop Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-02. 
  3. "Neo-Psychedelia Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-02.