Ponte Sigüeiro

ponte sobre o río Tambre en Sigüeiro

Coordenadas: 42°57′57″N 8°26′44″O / 42.965806, -8.445589

A ponte Sigüeiro ou ponte de Sigüeiro é unha construción de cantería sobre o río Tambre, que une os concellos de Santiago de Compostela e Oroso.

Ponte Sigüeiro
Localización
RíoTambre
ConcelloOroso
ProvinciaA Coruña
Características
MaterialPedra

Trátase dunha ponte de cantaría do século XIV que foi construída por orde de Fernán Peres de Andrade, O Boo, e modificada no século XV. Atópase na estrada N-550 A Coruña-Santiago de Compostela.

Nas proximidades da ponte tivo lugar o enfrontamento entre as tropas do goberno español e os sublevados dirixidos polo coronel Miguel Solís en 1846, que rematou coa derrota destes últimos e co seu fusilamento en Carral.[1]

Galería editar

Notas editar

  1. González López, Emilio (1980). Historia de Galicia. Biblioteca Gallega (Serie Nova) (en castelán). La Voz de Galicia. pp. 632. ISBN 84-85287-22-3.