Ponta Delgada é unha cidade portuguesa, capital da Rexión Autónoma dos Azores, cuxa poboación no ano 2011 era de 68.809 habitantes. A cidade atópase no suroeste da Illa de São Miguel, a máis grande e habitada das 9 illas principais do arquipélago.

Modelo:Xeografía políticaPonta Delgada
Imaxe

Localización
Mapa
 37°44′N 25°40′O / 37.74, -25.67Coordenadas: 37°44′N 25°40′O / 37.74, -25.67
EstadoPortugal
Rexión AutónomaAzores Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Ajuda da Bretanha (pt) Traducir
Arrifes (pt) Traducir
Candelária (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 24+
Poboación
Poboación68.809 (2011) Editar o valor em Wikidata (295,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie232,99 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1450 (Gregoriano)Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9504 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico296 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Fall River (pt) Traducir
Newport (pt) Traducir
Pleven (2007–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webcm-pontadelgada.pt Editar o valor em Wikidata
Casa do concello de Ponta Delgada.

Historia editar

Fundada en 1449 como unha vila de pescadores, en 1546 foi declarada capital das illas polo rei Xoán III O Piadoso. En 1582 tivo lugar fronte á súa costa a batalla naval de San Miguel no marco da crise de sucesión portuguesa. No século XIX a súa economía medrou por mor das exportacións de froita ó Reino Unido. Ponta Delgada foi bombardeada durante a primeira guerra mundial por submarinos alemáns, e logo da guerra acolleu unha base naval dos Estados Unidos.

Economía e turismo editar

Nos últimos anos a economía local tanto da cidade como da illa céntrase na agricultura e no turismo. En 2008 a cidade modernizouse coa construción dunha nova terminal para cruceiros turísticos chamada "Portas do Mar", que inclúe un novo porto deportivo, un paseo marítimo, tendas, restaurantes, un pavillón multiúsos, un anfiteatro, piscinas etc. A cidade conta tamén cun centro comercial. No tocante á arquitectura tradicional, na cidade salientan o Convento da Nosa Señora da Esperanza, a Sinagoga de Ponta Delgada, as Portas da Cidade, o Forte de São Brás (que acolle un importante museo militar), o Museo Carlos Machado e o Teatro Micaelense.

 
Porto de Ponta Delgada.

Educación editar

En 1976 fundouse a Universidade dos Açores, que conta cuns 4000 estudantes. Nela impártense carreiras de bioloxía, enfermaría, economía, educación, historia, filosofía, matemáticas, ciencias sociais, literatura, lingua, tecnoloxía e xeoloxía.

Comunicacións editar

A principal porta de entrada e saída da cidade e da illa é o Aeroporto Xoán Paulo II, inaugurado en 1969, cunha pista de aterraxe de 2525 metros, que empregan cada ano uns 750.000 viaxeiros. O número de pasaxeiros desta terminal aérea convértena no 5º aeroporto mais importante de Portugal, tralo Aeroporto da Portela (Lisboa), o Aeroporto de Sá Carneiro (Porto), o Aeroporto de Faro e o Aeroporto de Madeira.

Deportes editar

O Clube Desportivo Santa Clara é o equipo de fútbol mais salientable da cidade. Chegou a disputar 3 edicións da Primeira Liga, e durante a tempada 2011-12 milita na Liga de Honra. Viste de vermello, e xoga os seus encontros como local no Estádio de São Miguel, que ten capacidade para acoller a máis de 15.000 seareiros. Neste equipo comezou a súa carreira Pedro Pauleta, o máximo goleador histórico da selección portuguesa, que é natural da cidade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar