Pombal (edificio)

Un pombal (do latín palumbalem, derivado á súa vez de palumbam, pomba) é unha construción rural para a cría de pombas. En xeral, é un raro complemento da vivenda rural, xa que por mor do seu custo e escaseza de rendibilidade, só aparece nas leiras pertencentes ós pazos, ás casas reitorais ou ás casas grandes de campesiños acomodados.

Interior dun pombal en ruínas

É unha construción que pode adoptar diversos xeitos: en Galiza na meirande parte dos casos é un corpo cilíndrico cun raio de preto de dous metros e unha altura aproximadamente igual ó seu diámetro. A súa cuberta pode ser cónica ou chan, a xeito de ferradura, e inclinada a unha auga. Adoita estar construído con cachotería vista ou revocada, con varias entradas para as pombas, unha cornixa para que estas engalen e unha porta de acceso para as persoas. No seu interior dispóñense os niños formando parte do paramento do muro de pedra.

Galería de imaxes editar