A polifonía é, en xeral, a composición musical a varias voces, en oposición á monodia, é dicir, composición a unha soa voz.

Fragmento dunha polifonía de Bach.

Historia e características editar

Porén, o seu significado adoita ser máis concreto, e referirse a unha técnica de composición a varias voces que se moven independentemente, seguindo as regras do contrapunto, neste caso oporíase ao concepto de homofonía, orixinaria de Francia chegou a Galicia polo Camiño de Santiago, o Códice Calixtino contén algunhas das primeiras pezas polifónicas[1].

A orixe da polifonía está en relación coa filosofía escolástica, os polifonistas eran sobre todo intelectuais que gozaban co experimento deixando o contido do texto nun plano secundario. O motete dos séculos XII e XIII é a expresión musical perfecta do escolasticismo, París a través da Sorbona vai ser o centro do escolasticismo que é tamén a capital da polifonía grazas á Escola de Notre-Dame, conséguese un avance na notación musical ao poder reflectir con exactitude a duración dos sons, o que permite sincronizar máis eficazmente as voces entre si e unha maior participación do ritmo na composición polifónica, dotando dunha maior liberdade ao compositor. No século XV coa escola flamenga é cando a polifonía acada o seu máximo esplendor.

Notas editar

  1. Vicente Almazán Galicia: breviario para o galego ausente. Galaxia, 1999, páxina 164

Véxase tamén editar

Outros artigos editar