Policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos

A Policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos (en inglés: United States Mit Police —USMP—) é unha Axencia Federal de Aplicación da Lei, respondable da protección das instalacións e do persoal da Casa da Moeda dos Estados Unidos.

Policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos
United States Mint Police
Insignia do uniforme

Información xeral
Formación 1792
Sede central Washington, D.C.
Empregados 292 axentes (en 2016)
Director Dennis O'Connor (xefe da Policía)
Axencia sup. Casa da Moeda dos Estados Unidos
Departamento do Tesouro
Sitio web
www.USMint.gov

Esta axencia ten a súa sede en Washington e en 2016 estaba constituída por 292 axentes.[1] Dennis P. O'Connor ocupa a súa xefatura.[2]

Historia editar

A policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos constituíuse en 1792, pola que se establecía a Casa da Moeda, o que a converte nun dos organismos policiais de carácter federal máis antigos dos Estados Unidos.[3]

Funcións editar

 
Equipo de Resposta Especial da Policía da Casa da Moeda dos EEUU

Os seus axentes deben superar con éxito o coñecido como Programa de Formación Policial Uniforme das Forzas de Seguridade Federais, que ten unha duración de 13 semanas e se desenvolve en Glynn, Xeorxia.[3]

A Policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos garante a seguridade dos milleiros de visitantes e das preto de 2.000 persoas empregadas na Casa da Moeda dos Estados Unidos, e garante a protección de máis de 100.000 millóns de dólares en activos do Tesouro e outros do Goberno, que están almacenados nas instalacións da US Mint, tanto na súa sede central en Washington como na Ceca de Filadelfia, na Ceca de Denver, na Ceca de San Francisco e na Ceca de West Point, e tamén no depósito de metais preciosos de Fort Knox, Kentucky.[3][4][5][6]

Ademais, a Policía da Casa da Moeda dos Estados Unidos encargouse da protección de documentos e obxectos de alto valor histórico, como a Constitución estadounidense, o discurso de Gettysburg de Lincoln e, desde a segunda guerra mundial ata 1978, as xoias da coroa de Estevo o Grande rei de Hungría. O seu ámbito de actuación ampliouse nos últimos anos e pasou a adestrarse coas forzas de orde locais e fai patrullas en coche e en bicicleta por diferentes cidades.[6]

O departamento tamén creou equipos de resposta especial que poden mobilizarse con axilidade a diversos lugares do país. Estes equipos teñen participado en diversos despregamentos policiais que non etaban relacionados coa Casa da Moeda dos Estados Unidos, entre eles dúas investiduras presidenciais, os Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 en Salt Lake City e unha Conferencia Internacional do Fondo Monetario Internacional-Banco Mundial. Tamén colaboraron durante o furacán Katrina, protexendo a sucursal de Nova Orleáns do Banco da Reserva Federal de Atlanta e participando nos labores de socorro.[6]

Notas editar

  1. "Federal Law Enforcement Ofcers, 2016 – Statistical Tables". En Bureau of Justice Statistics. U.S. Department of Justice. Outubro de 2019. Páxina 4.
  2. "Dennis P. O’Connor. Chief. United States Mint Police". United States Mint.
  3. 3,0 3,1 3,2 McPike, S. (2017). "U.S. Mint Police: A Call to Serve". United States Mint. 15 de maio.
  4. "Mint Police at U.S. Bullion Depository Secure National Assets". United States Mint. 23 de decembro de 2015.
  5. "United States Mint Police Train To Protect People, Critical Assets". United States Mint. 26 de novembro de 2014.
  6. 6,0 6,1 6,2 Bryn, B. (2006). "United States Mint Police". En Police. The Law Enforcement Magazine. 1 de decembro de 2006.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar