Polandball

Meme popular da Internet

Polandball, tamén coñecido polo nome de countryball (país-bola), é un fenómeno de Internet que naceu no foro do sitio web alemán Krautchan.net na segunda metade do ano 2009. Este fenómeno maniféstase en numerosos webcómics, nos que os diferentes países vénse representados coma persoas esféricas que interactúan entre si, normalmente en inglés mal empregado, facendo burla dos estereotipos nacionais e das relacións internacionais entre os países representados nas viñetas.

Unha imaxe de Polandball xerada por un usuario.

Historia editar

A orixe de Polandball está vencellada a unha "guerra cibernética" que tivo lugar entre usuarios polacos e outros usuarios de drawball.com durante o mes de agosto de 2009. Este sitio web, ofrece un lenzo virtual que da a posibilidade ós seus usuarios de debuxar o que desexen, e a debuxar sobre imaxes que outros usuarios xa debuxaron con anterioridade. Varios usuarios polacos tiveron a idea de debuxar a bandeira de Polonia dentro da circunferencia, ó que lle seguiron centos de usuarios que trataron de facerse co control do debuxo coas cores da bandeira polaca, coa palabra "POLSKA" escrita no medio. Este acto foi contrarrestado por membros de 4chan, que cubriron a devandita imaxe cunha esvástica xigante.[1][2]

A raíz destes feitos, no sitio web Krautchan.net comezouse a publicar unha serie de parodias empregando o programa de edición de imaxes Microsoft Paint, para mofarse nun modo apolítico dun usuario polaco que participaba nesa mesma páxina, que empregaba o idioma inglés dun modo incorrecto. Estes debuxos empregáronse posteriormente por parte de usuarios rusos, nos que se caracterizaba as Polandball en ton político.[1][3][4]

A premisa de Polandball, que gañou en popularidade a raíz do accidente aéreo en Smolensk no que faleceu o presidente polaco Lech Kaczynski, é a representación de Polonia e a súa historia, as relacións con outros países, e os seus estereotipos,[3][5] poñendo especial fincapé na megalomania polaca e os complexos nacionais.[2]

Unha das principais temáticas dos cómics Polandball xiran ao redor da capacidade de Rusia para voar ao espazo, namentres Polonia non pode. Un dos debuxos animados máis populares de Polandball comeza coa premisa de que a Terra vai ser atinxida por un meteoro xigante, levando a todos os países con tecnoloxía espacial a abandonar a Terra e a poñerse a salvo no espazo. A finais do debuxo animado, Polonia, aínda na terra, queda chorando, e en inglés mal empregado pronúncia o seu lema cliché "Poland cannot into space".[3]

Outros countryballs editar

 
Representación de Gran Bretaña.

Ademais de Polandball, tamén existen bolas referentes a outros países; malia que polo xeral a esas historietas tamén se lles adoita chamar polo nome de Polandball,[1] tamén poden ser chamados countryballs.[4] Segundo o sitio web Lurkmore.to, Baviera ten a súa propia bola, e outras bólas foron creados para estados dos Estados Unidos, para Cataluña ou Siberia, entre outros. Singapur ten a forma dun triángulo e chámase "Tringapore"; Israel toma a forma dun hipercubo (en referencia ós físicos xudeus); Casaquistán asume a forma dun ladrillo, e Gran Bretaña móstrase usando un sombreiro de copa e monóculo.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Orliński, Wojciech (16 xaneiro 2010). "Wyniosłe lol zaborców, czyli Polandball" (en Polish). Gazeta Wyborcza. Consultado o 25 marzo 2012. 
  2. 2,0 2,1 Zapałowski, Radosław (15 febreiro 2010). "Znowu lecą z nami w... kulki" (en Polish). Cooltura. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 22 marzo 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kapiszewski, Kuba. "Fenomem - Polska nie umieć kosmos" (en Polish). Przegląd. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2014. Consultado o 26 marzo 2012. 
  4. 4,0 4,1 "Polandball". Knowyourmeme. Consultado o 26 de marzo de 2012. 
  5. Cegielski, Tomek (12 de abril de 2011). "MEMY. Legendy Internetu" (en Polish). Hiro.pl. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2011. Consultado o 24 marzo 2012. 
  6. "Int" (en Russian). Lurkmore.to. 26 decembro 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2021. Consultado o 27 marzo 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar