O Pokédex (ポケモン図鑑 Pokemon Zukan?, Indexador Pokemon, tamén chamado "Dexter") no mundo ficticio de Pokémon, é unha enciclopedia portátil de alta tecnoloxía que os adestradores Pokémon levan consigo para rexistrar as datas das diversas especies Pokémon coas que se atopan durante a súa viaxe como adestradores.

Información xeral editar

 
A primeira versión comercializada da Pokédex.

A Pokédex, orixinalmente, só podía rexistrar información dos primeiros 151 Pokémon que nese entón existían (a chamada primeira xeración de Pokémon: os videoxogos Pokémon Vermello e Azul). Posteriormente, a súa base de datos foise actualizando ata aumentar as súas opcions de busca e a súa capacidade para rexistrar 493 Pokémon.

A Pokédex, pode rexistrar información de dúas formas. A primeira é cando un adestrador atopa un Pokémon salvaxe, nese intre a Pokédex realiza un escaneamento, ó detectar ó Pokémon, e só almacena o seu nome e imaxe. A segunda é cando un adestrador captura a un Pokémon salvaxe o que fai que a Pokédex realice unha análise intensiva ó Pokémon logrando mostrar información máis detallada como o seu tipo, ataques e unha información breve sobre a criatura.

Cada adestrador agrega nova información á súa Pokédex ó capturar, recibir ou intercambiar novos Pokémon que non tiña aínda rexistrados.

No anime editar

A diferenza do seu funcionamento nos videoxogos, a Pokédex da serie de anime xa vén con información rexistrada sobre os Pokémon que foron descubertos. Así mesmo este dispositivo posúe rexistro de voz gravada, é dicir, cando o adestrador desexa información dun Pokémon, o dispositivo activa un sistema que explica as características do Pokémon ó adestrador por medio de frases xa gravadas.

Outra das súas diferenzas é que, para poder rexistrar información dun Pokémon, non é necesario capturalo, o adestrador tan só debe expoñer a súa Pokédex ó Pokémon e o sistema realiza un escaneamento automático ata atopar na súa base de datos a información sobre tal Pokémon. O escaneamento realízao visualizándoo por medio dun sensor que posúe.

Pokédex Nacional editar

Adicionalmente, na terceira xeración, existe unha Pokédex chamada Pokédex Nacional, unha actualización da Pokédex Rexional de Pokémon Rubí, Zafiro e Esmeralda, cunha lista completa de tódolos Pokémon, xa que a Pokédex Rexional só é capaz de rexistrar información dos Pokémon das rexións polas cales se pode viaxar nese xogo, e para poder rexistrar Pokémon doutras rexións, debe ser actualizada á Pokédex Nacional:

  • Nas edicións Rubí e Zafiro, basta con intercambiar un Pokémon que non exista en Hoenn a un destes dous xogos.
  • Nas edicións Esmeralda, Vermello Lume e Verde Folla, o Profesor Oak, entrégache a Pokédex Nacional ó rexistráreste no Salón da Fama e ter un mínimo de 60 Pokémon capturados na Pokédex.
  • Nas edicións Diamante e Perla, o profesor daracha cando ves a tódolos Pokémon da rexión de Sinnoh, e ó rematala o Profesor Oak darache un Pokeradar para localizar Pokémon de Kanto, Johto ou Hoenn. Ademais poderás ir ó Parque Compi, denantes dous homes non che deixaban pasar por non teres completado a Pokédex.