Poitín (filme)

filme de 1977 dirixido por Bob Quinn

Poitín é un filme irlandés escrito e dirixido por Bob Quinn[2] que se estreou en 1978. Foi o primeiro filme en ser rodado completamente en lingua irlandesa. Tamén foi o primeiro en recibir unha bolsa de guión cinematográfico da Arts Council of Ireland.[3]

Poitín
Ficha técnica
Título orixinalPoitín
DirectorBob Quinn
ProdutorBob Quinn
GuiónColm Bairéad
IntérpretesCyril Cusack
Donal McCann
Niall Tóibín
Mick Lally
FotografíaSeamus Deasy
MontaxeBob Quinn
DistribuidoraCine Gael
Estrea 1978
Duración65 minutos[1]
OrixeIrlanda Irlanda
Na rede
IMDB: tt0079732 Filmaffinity: 136174 Allmovie: v106309 TCM: 86886 Editar o valor em Wikidata

O filme foi producido por Cinegael, e está protagonizado por Cyril Cusack como un destilador ilegal de Connemara, que vive nunha cabana illada xunto coa súa filla. Dous dexenerados locais, interpretados por Donal McCann e Niall Tóibín, aterrorizan o vello destilador polo seu contrabando de licor (poitín), ameazando con matalo a el e violar a súa filla.[4]

  1. Conamara.org (Cinegael) (ed.). "Poitín". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. Jerry White. "The Films of Bob Quinn: Towards an Irish third Cinema". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  3. White, Jerry (2003). "Arguing with Ethnography: The Films of Bob Quinn and Pierre Perrault". Cinema Journal 42 (2): 101–124. JSTOR 1566518. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar