Podarcis

xénero de réptiles

Podarcis é un xénero da clase dos saurópsidos (réptiles), orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e familia dos lacértidos, un dos comprendidos na familia dos lacertinos.

Podarcis hispanica no Parque Nacional de Peneda-Gerês

Características editar

As súas especies presentan moitas semellanzas externas coas do xénero Lacerta, pero son de menor tamaño (20–25 cm) e a súa anatomía interna é bastante diferente na construción do cranio o hemipene, e os procesos das vértebras caudais.[1]

Boas gabeadoras, as súas escamas dorsais son pequenas, e as ventrais, sen colar, non están imbricadas. As súas placas supratemporais son estreitas. Poden desprender a cola cando escapan dos depredadores.[2]

Distribución editar

As especies de Podarcis teñen unha distribución circunmediterránea. Varias especies e subespecies son endémicas de certas illas ou illotes, ás veces de só uns centos de metros cadrados de extensión.

En Galicia editar

En Galicia están presentes as especies Podarcis bocagei, P. hispanica e P. muralis, que son coñecidas co nome vulgar de lagartas.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1830 polo zoólogo alemán, especializado en herpetoloxía, Johann Georg Wagler,[4][5] na súa obra Natürliches System der Amphibien, mit vorangehender Classification der Säugthiere und Vogel. Ein Beitrag zur vergleichenden Zoologie.[5]

Sinónimo editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[5]

  • Podarces Wiegmann, 1834

Especies editar

O xénero comprende as seguintes vinte e cinco especies:[4][5][6]

Notas editar

  1. Diesener, Günter & Reichholf (1996). Lurche und Kriechtiere. München: Mosaik-Verlag. ISBN 978-3-5761-0697-0.
  2. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 303.
  3. lagarta no Dicionario da RAG.
  4. 4,0 4,1 Podarcis Wagler, 1830 no ITIS. Consultado o 22 de agosto de 2921.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Podarcis Wagler, 1830 no GBIF. Consultado o 22 de agosto de 2921.
  6. Podarcis en The Reptile Database.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold, E. N., Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1–86. (Resume).
  • Edwards, S., Branch, W. R., Vanhooydonck, B., Herrel, A., Measey, G. J. & Tolley, K. A. (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114. (Resume).
  • Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar