Pobo shuar
Pobo indíxena de Ecuador e o Perú
Os shuar (tamén chamados xívaros) son un pobo indíxena que habita en Ecuador e no Perú. Pertencen ó grupo de pobos xívaros, que son pobos amazónicos que viven no nacemento do río Marañón. O termo "shuar" na súa propia lingua quere dicir "xente" ou "pobo".[1] O pobo que fala a lingua shuar vive na selva tropical entre os Andes e a sabana das terras baixas amazónicas.
Pobo shuar | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 120 000 | |
Rexións principais: | |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua shuar |
Relixión | xamanismo e animismo |
Grupos relacionados | Aguaruna e achuar |
Os europeos referíronse historicamente ós shuar como xívaros, un termo que probablemente deriva da pronuncia española do século XVI da verba "shuar", pero que adquiriu outros significados como o de "salvaxe". Os shuar foron moi representados na literatura por mor da fascinación occidental pola antiga práctica da redución de testas (tsantsa).
Notas editar
- ↑ Como demostrou Claude Lévi-Strauss, moitos pobos indíxenas chámanse a si mesmo "pobo" ou "humano", designando ós outros como "bárbaros" ou sinxelamente "outros."
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo shuar |
Bibliografía editar
- Gnerre, Maurizio (1973). "Sources of Spanish Jívaro", in Romance Philology 27(2): 203-204. Berkeley: University of California Press.
- Harner, Michael J. (1984). Jivaro: People of the Sacred Waterfalls Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-05065-7
- Karsten, Rafael (1935). The head-hunters of Western Amazonas: The life and culture of the Jibaro Indians of eastern Ecuador and Peru ([Finska vetenskaps-societeten, Helsingfors] Commentationes humanarum litterarum. VII. 1 Washington, D.C. Bureau of American Ethnology Bulletins. ASIN B00085ZPFM
- Mader, Elke (1999). Metamorfosis del poder: Persona, mito y visión en la sociedad Shuar y Achuar. Abya-Yala. ISBN 9978-04-477-9
- Rubenstein, Steven (2006). "Circulation, Accumulation, and the Power of Shuar Shrunken Heads" in Cultural Anthropology 22(3): 357-399.
- Rubenstein, Steven (2002). Alejandro Tsakimp: A Shuar Healer in the Margins of History Lincoln: University of Nebraska Press. ISBN 0-8032-8988-X Google Books
- Rubenstein, Steven (2001). "Colonialism, the Shuar Federation, and the Ecuadorian State," in Environment and Planning D: Society and Space 19(3): 263-293.
- Lowell, Karen (1994). "Ethnopharmacological Studies of Medicinal Plants, particularly Cyperus species, used by the Shuar Indians" Ph.D. Thesis, University of Illinois Health Science Center, Chicago, Illinois, 420 pp.