Coordenadas: 39°30′08″N 0°25′03″O / 39.5023, -0.417589

Pobles de l'Oest (en galego: Vilas do Oeste) é o nome que recibe o distrito número 18 da cidade de Valencia. Limita con Benicalap ao leste e con Campanar ao sur, á beira dos concellos de Paterna e Burjassot. Componse de só dous barrios, ámbolos dous antigas vilas da Horta de Valencia: Benimàmet e Beniferri, este último o máis grande. As dúas vilas foron anexionadas a Valencia no ano 1872 pola súa condición de municipios inferiores a 2.000 veciños. No 2009 tiña unha poboación de 14.307 habitantes.[1]

Velódromo Lluís Puig en Benimàmet.

Entre os lugares de interese está a Fira de Mostres de València e o Velódromo Municipal Lluís Puig, os dous en Benimàmet.

Poboación editar

Pobles de l'Oest tiña 13.905 habitantes en 2007, distribuídos entre dous barrios:

  • Benimàmet (13.113)
  • Beniferri (792)

Notas editar

  1. "Districte 18. Pobles de l'Oest" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar