O pluviómetro é un instrumento usado nas estacións meteorolóxicas para a recollida e medición das precipitacións.

Vista exterior dun pluviómetro

A cantidade de auga caída exprésase en milímetros de altura. O deseño básico dun pluviómetro consiste nun recipiente de entrada, chamado balancín, por onde a auga ingresa a través dun embude cara a un colector, onde se recolle a auga, medíndose visualmente cunha regra graduada ou mediante o peso da auga depositada. Así mesmo, o balancín oscila segundo o volume constante de auga caída, permitindo o rexistro mecánico ou eléctrico da intensidade da choiva caída. Está deseñado para estar colocado tamén sobre a superficie da terra.

A lectura adóitase facer cada 10 horas. Un litro caído nun metro cadrado significa unha altura dun milímetro. Para a medida de neve considérase que o espesor da neve equivale aproximadamente a dez veces o equivalente de auga.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar