Plutarco de Atenas

filósofo grego

Plutarco de Atenas (Πλούταρχος Plutarkhos), nado sobre 350 e finado en 430, foi un filósofo neoplatónico grego que dirixiu a escola neoplatónica de Atenas ao comezo do século V. Foi coñecido como Plutarco o Grande.

Plutarco de Atenas
Nacemento350
Lugar de nacementoAtenas
Falecementoanos 430xuliano
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónfilósofo
FillosAsclepigénia de Atenas e Hiério
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Nestorio, foi un ecléctico ou sincretista e foi mestre de Siriano de Alexandría, que despois o sucedeu á fronte da escola, e de Proclo de Licia. Crese que seguiu a Iámblico na súa doutrina da eficacia dos ritos teúrxicos para levar ao home á comuñón con Deus.

Obra editar

Escribiu algúns comentarios que se perderon sobre o Timeo de Platón e De ánima de Aristóteles. Morreu a avanzada idade o 430.