O pluripartidismo é un sistema de partidos políticos onde unha gran cantidade de partidos políticos teñen amplas posibilidades de obter o poder executivo, así como o poder lexislativo atópase dividido entre unha gran cantidade de bancadas ó fraccións, en contraposición ao bipartidismo (a hexemonía de dous partidos políticos), ou o unipartidismo (a hexemonía dun só partido político). Países con sistemas políticos pluripartidistas hai moitos, como o caso de Francia, Italia, Portugal, Grecia, Chile, Guatemala, Ecuador, Bolivia, México, Rusia, a India e o Xapón. Así mesmo, aínda que tiveron sistemas bipartidistas ata hai pouco, actualmente teñen un sistema pluripartidista o Brasil, Colombia, Costa Rica, o Perú, o Uruguai e Venezuela

Existen dous xeitos de enfocar unha democracia pluripartidista e bipartidista:

  • Bipartidismo: cando dous partidos políticos de ideoloxías opostas absorben a maioría abafadora dos votos, deixando espazo escaso a outros partidos. Neste sistema, os partidos minoritarios adoitan ser rexionalistas ou de ideoloxías extremistas. Os exemplos máis claros atopámolos en Estados Unidos (Demócratas e Republicanos).
  • Polipartidismo: onde varios partidos políticos (de 4 a 8, normalmente) se repárten os escanos, estando obrigados a realizar alianzas para acadar o poder. Este sistema é quizais máis realista no sentido de expresar a ideoloxía dos cidadáns, pero trae consigo maior risco de que ideoloxías antidemocráticas acaden o goberno. Algúns exemplos son Alemaña, Israel e Italia.
  • Centrismo: Entre varios partidos políticos hai un de centro que obtén a maioría dos votos, pero que xeralmente ten que levar a cabo coalicións co resto de partidos que adquiren máis ou menos votos segundo as tendencias do momento.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.