Os planetas interiores son os catro planetas máis próximos ó Sol, é dicir: Mercurio, Venus, a Terra e Marte. Son corpos de densidade elevada (3-5 g/cm³) formados principalmente por materiais rochosos e metálicos cunha estrutura interna ben diferenciada e cun tamaño semellante. A composición isotópica destes corpos e a súa densidade variable (maior en Mercurio e menor en Marte) ofrecen importantes pistas sobre a formación do sistema solar. Os catro teñen superficies sólidas cos tres últimos posuíndo tamén unha atmosfera. O estudo comparativo dos catro planetas permite estuda-la evolución xeolóxica nun contexto máis amplo có unicamente terrestre.

Imaxe á mesma escala dos catro planetas interiores amosando ó seu tamaño relativo. De esquerda a dereita: Mercurio, Venus, a Terra e Marte.
Estrutura interna dos planetas interiores. Incluída a Lúa para a súa comparación.

Máis aló da órbita de Marte atópase cinto de asteroides, unha rexión do Sistema Solar na que se atopa abundantes asteroides que non chegaron a formar nunca un planeta.

Dende o punto de vista astronómico os planetas máis interiores Mercurio e Venus posúen elevados ángulos de fase e tanto eles coma Marte presentan un elevado movemento retrógrado no seu movemento aparente observado dende a Terra. Os planetas interiores xiran lentamente sobre si mesmos (Mercurio 58 días, Venus 243 e 24 horas para a Terra e Marte). Todos eles emiten un fluxo enerxético moi inferior ó que reciben do Sol estando caracterizados os seus espectros pola reflexión de luz solar.

Os planetas exteriores tamén chamados planetas xigantes son: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno e difiren marcadamente dos anteriores en case tódolos seus aspectos. Hai 8 planetas que son parte do Sistema Solar, anteriormente catalogábase a plutón coma planeta pero despois pasou a denominarse planeta anano.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar