Plaça de l'Ajuntament de Valencia

Coordenadas: 39°28′11″N 0°22′35″O / 39.4698, -0.376364

A Plaça de l'Ajuntament (en galego Praza da Casa do Concello) é o nome que recibe a praza máis grande e céntrica da cidade de Valencia. Durante o franquismo, recibía o nome de Plaza del Caudillo e despois da Transición, Plaça del País Valencià até 1987. Entre 1936 e 1939, nomeábase Plaça Emili Castelar. Hai unha proposta por parte do Consello Valenciano de Cultura para que reciba o nome de Xaime I, o fundador do Reino de Valencia.

Vista xeral da praza co Ajuntament á esquerda.
Placa.
Cantón norte e fonte da Plaça de l'Ajuntament.
O Ajuntament e a fonte.

Descrición editar

Ten unha forma triangular, coa Plaça del Mercat ao norte e a praza da Estació del Nord ao sur. Na beira oeste atopamos o Ajuntament de València, e ao leste o edificio de Correos. Ao norte da praza hai unha grande fonte, e ao sur, un grande espazo aberto rodeado de escaparates de flores. A súa fisionomía actual ven da reforma realizada polo arquitecto Javier Goerlich entre 1931 e 1935, aínda que xa desapareceu o mercado neobarroco de flores soterrado que recibira o nome popular de La Escupidera.

Edificios destacábeis editar

  • Ajuntament de València
  • Casa Barrachina de Goerlich.
  • Edificio "Assicurazioni Generali"
  • Edificio de Correus de Miguel Angel Navarro de 1922.
  • Casa Ernest Ferrer Construído no 1913 por Almenar Quinzá.
  • Edifici Noguera de Francesc Mora i Berenguer, 1909.
  • Edificio Suay ou Edificio de l'Equitativa de Francesc Mora i Berenguer, 1909.
  • Edificio Gil de Rieta Síster en 1931
  • Edificio Cervera Tamén de Rieta Síster, 1932.
  • Edificio Sanchez Garcia Albert Ballesteros, 1930.
  • Edificio Martí Alegre de Goerlich, 1935.
  • Edificio Rialto (actual Filmoteca e Teatros da Generalitat Valenciana), obra de Borso di Carminati 1939.
  • Edificio de l'Ateneu Mercantil de València 1953.
  • Edificio Balanzà de Almenar Quinzá segundo o proxecto de Goerlich, 1928.
  • Edificio de Telefónica de Cárdenas Pastor 1928.
  • Edificio La Equitativa 1927.
  • Edificio Societé Generale de la Banque de Carbonell Pañella, 1927.
  • Edificio Vitalicio de Goerlich, 1930.

Opinións editar

Segundo Joan Fuster é una de les places més horribles que coneix l'experiència urbanística de la humanitat (unha das prazas máis horríbeis que coñece a experiencia urbanística da humanidade). Joan Francesc Mira cre que Fuster esaxera.

Fallas editar

Durante as Fallas a a parte central praza está pechada por grandes estruturas enreixadas, xa que cada día ás dúas da tarde fanse espectáculos de pirotecnia chamados mascletades. Fora do espazo da mascletà, plantase o falla do Ajuntament, habitualmente dos máis grandes e custosos e así como a súa correspondente falla infantil.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar