Plátano occidental

especie de planta

O plátano occidental (Platanus occidentalis), tamén coñecido coma plátano de Virxinia ou plátano americano, é unha especie do xénero Platanus nativa de América do Norte.

É unha árbore de grande talle, acadando os 30 e 40 m de altura. Medra ben dende climas secos a húmidos. Iowa a Ontario e Maine no norte, Nebraska no oeste, sur de Texas á Florida. É unha especie moi achegada aos outros Platanus. Aparece en México e os estados do suroeste dos EUA.

Ás veces cultívase pola madeira.

É susceptíbel á antracnose (Apiognomonia veneta, sin. Gnomonia platani), un fungo introducido naturalmente dende o Platanus orientalis, que desenvolveu unha considerábel resistencia á enfermidade. Moi rara vez o mata, mais si o defolia apreciabelmente, resultando en diminucións de rendemento de madeira. Por iso o "plátano americano" dificilmente se planta; plantando o plátano común (híbrido P. occidentalis x P. orientalis), moito máis resistente.

É alimento da praga Neochlamisus platani.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar