Pito é un tipo de cervexa realizada a partir de paínzo ou sorgo fermentado. Elabórase na zona norte de Ghana, parte de Nixeria e noutros sitios de África occidental.[1] É realizada por pequenos produtores, de forma caseira e usualmente é servida nunha cucurbitácea chamada porongo.

Pito quente servido en porongo.
Muller remexendo pito nunha cociña tradicional.

Pódese beber quente ou frío. O pito quente obtén a súa calor do proceso de fermentación. O seu contido en alcol é baixo (3%), e pódese conservar entre 48 horas e unha semana. De cor parda escura, o seu sabor é algo acedo e ten sólidos en suspensión.[2][3] A produción de pito convértese nalgúns casos nunha importante fonte de ingresos da poboación de áreas rurais pobres. Non se vende embotellada ou enlatada e, xeralmente, é vendida directamente polo produtor.

Notas editar

  1. Google Books Yeasts in Food: Beneficial and Detrimental Aspects, T. Boekhout, Behr's Verlag DE (2003), ISBN 3-86022-961-3
  2. "El sorgo y el mijo en la nutrición humana", FAO, 1995, pp 115.
  3. "Utilización de alimentos tropicales: cereales", FAO, 1990, pp 125.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar