Pierre-Simon Ballanche

Pierre-Simon Ballanche, nado en Lión en 1776 e finado en 1847, foi un escritor e filósofo contrarrevolucionario francés, que elaborou unha teoloxía de progreso que tivo considerable influencia nos círculos literarios franceses de comezo do século XIX.

Infotaula de personaPierre-Simon Ballanche

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1776 Editar o valor em Wikidata
Lión, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xuño de 1847 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Cadeira 4 da Academia Francesa
17 de febreiro de 1842 – 12 de xuño de 1847
← Alexandre Duval (pt) TraducirJean Vatout (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , filósofo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

O espectáculo da execución de 700 persoas logo da fracasada revolta realista de 1793 en Lión deixoulle unha fonda pegada na súa concepción pesimista da vida. Traballou como impresor durante uns anos e en 1802 publicou a súa primeira obra, Du sentiment considéré dans son rapport avec la littérature, unha secuela de Génie du christianisme de Chateaubriand.

A principal obra de Ballanche, que nunca rematou, foi Essais de palingénésie sociale no que intentaba narrar en forma poético-filosófica o pasado, o presente e o futuro. Balanche afirma que a orixe da sociedade estaba en relación directa coa orixe da linguaxe e esta era unha revelación directa de Deus e a humanidade tiña que pasar por tres fases: a caída da perfección, o período de proba e o renacemento final ou retorno á perfección.