Piero Dusio, nado en Scurzolengo (provincia de Asti) o 13 de outubro de 1899 e finado en Buenos Aires o 7 de novembro de 1975, foi un futbolista, empresario e piloto italiano.[1]

Infotaula de personaPiero Dusio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Scurzolengo, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1975)
Reino de Italia (1899–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo (1929–1952), futbolista , empresario , enxeñeiro , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1919-1922 Juventus FC 3(0) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa carreira futbolística activa (tres partidos coa Juventus 1921-22)[2] terminou cunha lesión no xeonllo, despois comezou un negocio téxtil (hule), que se converteu en material deportivo e en provedor de uniformes militares. Dirixiu a Juventus Organizzazione Sportiva Anonima (O.S.A.) entre 1941 e 1943, que pasou a formar parte da firma Cisitalia en 1944 e ata foi presidente da Juventus de 1942 a 1948.

 
O Cisitalia D46 foi chamado posteriormente de Piero Dusio (o Dusio 46). O piloto de carreiras é Ilario Bandini.

Participou na Mille Miglia (1929-38), foi o sexto no Gran Premio de Italia de 1936, logrou unha vitoria de clase (50º na xeral) na Mille Miglia nun Siata 500cc (1937) e formou a Scuderia Torino (1939).[3][4] Encomendou a Dante Giacosa de Fiat desenvolver un automóbil de carreiras (1944) e formou o "Consorzio Industriale Sportiva Italia" (1944). A empresa converteuse en Cisitalia e involucrou a Carlo Abarth, Rudolf Hruska e Ferry Porsche. Tres D46 encabezaron a local Coppa Brezzi (calebrada co Gran Premio de Turín de 1946, Dusio terminou 1º.[5]

Dusio continuou financiando proxectos de automobilismo, pero os gastos en enxeñería do complexo 202MM[6] case arruinan a Cisitalia (1947), ademais de involucrar a corporación Juventus. En consecuencia, Dusio emigrou a Arxentina e fundou Autoar (Automotores Arxentinos) S.A.I.C. (22 de marzo de 1949),[7] financieiramente apoiado por Juan Peron.[8] O seu fillo, Carlo Dusio, continuou dirixindo a refinanciada compañía Cisitalia Torino (1948-1964).[9]

Dusio intentou, pero non puido, clasificarse para un Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un o Gran Premio de Italia de 1952 cun Cisitalia (D46), pero non conseguiu establecer un tempo na práctica debido a problemas do motor. Correu no Gran Premio de Buenos Aires en 1954 e tamén fundou Cisitalia Argentina Industrial y Comercial SA, deseñando automóbiles como o Cisitalia 750 (1960).

Morreu en Buenos Aires en 1975.


Rexistro de carreiras editar

Resultados completos no Campionato de Europa editar

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Pts
1935 Scuderia Subalpina Maserati 8CM Maserati 3.0 L8 MON
Ret
FRA BEL ALE SUI ITA ESP 32º 55
1936 Scuderia Torino Maserati 6C-34 Maserati 3.7 L6 MON ALE SUI ITA
6
18º 28
fonte:[10]

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts
1952 Piero Dusio Cisitalia D46 BPM 2.0 L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA
NSC
NC 0
Fonte:[11]

Notas editar

  1. Donatella Biffignandi, Piero Dusio from museoauto.it, an online museum for automotive issues, last accessed on 12 de novembro de 2016.
  2. Piero Dusio soccer statistics at juworld.net, last accessed 12 de novembro de 2016
  3. "historicracing.com.". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2018. Consultado o 06 de abril de 2018. 
  4. "sporting-to.com.". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2006. Consultado o 06 de abril de 2018. 
  5. "Coppa Brezzi 1946". Consultado o 2016-11-12. 
  6. "Piero Dusio & the Cisitalia". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2006. Consultado o 06 de abril de 2018. 
  7. "Autoar Historia". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de abril de 2018. 
  8. forix.com
  9. Cisitalia Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  10. "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  11. "Piero Dusio – Grand Prix not started". statsf1.com. Consultado o 15 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar