Pica serica é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica, propia do leste de Asia.

Pica serica

Adulto en Daejeon (Corea do Sur)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Especie: P. serica
Nome binomial
Pica serica
Gould, 1845
Área de distribución das especies e subespecies do xénero Pica. En vermello escuro, a de Pica serica
Área de distribución das especies e subespecies do xénero Pica.
En vermello escuro, a de Pica serica

Área de distribución das especies e subespecies do xénero Pica.
En vermello escuro, a de Pica serica
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
En voo, despois de apañar unha presa
Pousada nunha póla, cunha flor no bico
Encontro cun esquío

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1845 polo ornitólogo inglés John Gould na súa obra The birds of Asia.[1]

Etimoloxía editar

Par a do xénero ver Pica.

O epíteto específico, serica, deriva do topónimo do latín clásico Serica, tirado do grego antigo Σηρικά Sēriká, un dos países máis orientais de Asia coñecidos polos xeógrafos gregos e romanos da antigüidade.[2] Litrelamente, "oriental". (O que xustifica o nome da especie en inglés, Oriental magpie.)

Sinónimos editar

Ademais se polo nome acual, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Pica pica serica Gould, 1845
  • Pica pica sericea Gould, 1845

Subespecies editar

Na especie recoñécense as seguintes subespecies:[1]

  • Pica serica anderssoni Lönnberg, 1923
  • Pica serica serica Gould, 1845

Nota taxonómica editar

Anteriormente se consideraba unha subespecie da pega común (Pica pica), pero un amplo estudo que comparou 813 de secuencias de ADN mitocondrial en todo o xénero Pica descubriu que Pica serica se illara reprodutivamente antes que Pica nuttalli), de Norteamérica, aproximadamente hai uns 5 ou 4,5 millóns de anos, polo que ou ben se separaba a Pica serica nunha especie separada, ou ben se engloba a todo o xénero nunha soa especie, optánsose pola primeira opción.[3]

Distribución editar

Pica serica esténdese desde o norte de Birmania até Indochina, a través do leste da China (incluíndo Taiwán), até Corea e o suroeste de Rusia.

Características editar

Pica serica é a pega máis grade. En comparación coa pega común, a Pica serica ten un tamaño similar, pero é algo máis robusta, ten as ás proporcionalmente máis longas e a cola máis curta. O dorso, a cola e especialmente as rémixes mostran unha intensa iridiscencia azul violácea con pouca ou ningunha tonalidade verde. A plumaxe do dorso é maioritariamente negra, con poucos e moitas veces ocultos rastros da banda branca que une as manchas brancas dos ombros das súas parentes.[4]

Pica serica ten a mesma chamada que a pica común, aínda que moito máis suave.

Na cultura popular editar

En Corea, a pega (까치, "kkachi") está considerada como "un paxaro de gran fortuna, de espírito robusto e provedor de prosperidade e desenvolvemento".[5] Na mesma liña de traer fortuna e sorte, aos nenos coreanos tamén se lles ensinaba que cando se perde un dente, a botalo ao tellado cantando unha canción para a pega; 까치야 까치야 헌이 줄게. O paxaro escoitará o teu canto e traeráche un dente novo.[6]

Do mesmo xeito, na China, as pegas son vistas como un presaxio de boa fortuna.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pica serica Gould, 1845 no BioLib. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
  2. Estrabón, Geographika, libro 15, capítulo 1.
  3. Lee et al. 2003.
  4. Bangs, Outram (1932): "Birds of western China obtained by the Kelley-Roosevelts expedition". Field Mus. Nat. Hist. Zool. Ser. 18 (11): 343–379.
  5. Winterman, Denise (2008): "Why are magpies so often hated?". BBC News Magazine. "Magpies have a dubious reputation because they are a bit of both. Over the years they have been lumped in with blackbirds".
  6. "A Baby Tooth for a Bird". "Once the tooth was extracted, the child was asked to throw it out onto the roof while singing a rhyme to a magpie". (Korea JoongAng Dayly, 22 de agosto de 2008).
  7. 春蚕、喜鹊、梅花、百合花有什么象征意义 ? Arquivado 31 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (Vermes de seda, pega, flor da ameixeira, lirio. Que significado simbólico?).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ericson, Per G. P.; Jansén, Anna-Lee; Johansson, Ulf S. & Ekman (2005): "Inter-generic relationships of the crows, jays, magpies and allied groups (Aves: Corvidae) based on nucleotide sequence data". Journal of Avian Biology 36: 222-234. PDF Texto completo.
  • Lee, Sang-im, Parr, Cynthia S., Hwang, Youna, Mindell, David P. & Choe, J. C. (2003): "Phylogeny of magpies (genus Pica) inferred from mtDNA data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (2): 250–257. PDF Texto completo.
  • Song, G. et al. (2018): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 2018: e01612 Resume.

Outros artigos editar

Ligazons externas editar