A picaña é, orixinariamente, un tipo de corte de carne bovina. Recentemente, o aumento da variedade de cortes de carnes porcinas fixo xurdir a chamada picaña porcina. A picaña está localizada na parte traseira do animal.

A picaña é moi apreciada, sendo considerada nalgúns países a mellor parte da vaca. É un prato moi popular en Suramérica, especialmente no Brasil.

Orixe editar

Algúns cociñeiros brasileiros aseguran que a picaña é orixinaria do Rio Grande do Sur, estado brasileiro coñecido polos seus churrascos.

Modos de preparación editar

No espeto editar

Cando é asada no espeto, vanse cortando filetes, "pelando" a peza de carne aínda espichada no espeto, que volverá ás brasas para que se siga cociñando a parte máis interna.

Na grella editar

Chamada picanha Brucutu no sur do Brasil, córtase a peza de carne en talladas do grosor suficiente para poder manterse verticais na grella. Ásase coa graxa na parte de abaixo, e unha vez que a graxa está suficientemente derretida e crocante, dóuranse os dous lados do filete durante 5 ou 10 segundos. Nese momento, fanse novos cortes en cada tallada, desta vez transversalmente. Dóuranse novamente os laterais e sálgase ao gusto.

A coñecida como picanha dois tombos tamén é preparada na grella. Basta con cortar filetes da peza de carne e colocalos na grella sen ningún adobo. Así que se note que a carne verte unha "suor" na parte de enriba, adóbase unicamente con sal groso e vírase.

Información nutricional editar

 
Valor calórico 323 kcal 13%
Carbohidratos 1,92 g 1%
Proteínas 18,99 g 38%
Graxas totais 26,59 g 0%
Graxas saturadas 8,67 g 35%
Colesterol 51,03 mg 17%
Fibras 0 g 0%
Calcio 9,21 mg 1%
Ferro 2,34 mg 17%
Sodio 58,61 mg 2%

Obs: Valores referidos a unha porción de 100 g de carne de picaña de animais do Brasil, e porcentuais diarios referidos a unha dieta de 2.500 calorías.