Phạm Văn Đồng

político vietnamita

Pham Van Dong ,Phạm Văn Đồng, nado en Mo Duc o 1 de marzo de 1906, finado en Hanoi o 29 de abril de 2000, foi un político vietnamita e ex-Primeiro Ministro de Vietnam do Norte e do Vietnam reunificado.

Infotaula de personaPham Van Dong
Nome orixinal(vi) Phạm Văn Đồng Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Hanoi
Morte29 de abril de 2000 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Hanoi, Vietnam Editar o valor em Wikidata
Cargos
Primeiro Ministro de Vietnam do Norte
Primeiro Ministro de Vietnam
Datos persoais
País de nacionalidadeVietnam Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Albert Sarraut (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico, médico e escritor
Partido políticoPartido Comunista de Vietnam
LinguaLingua vietnamita Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra do Vietnam Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de abril de 1955Conferencia de Bandung
Movemento de Países Non Aliñados Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0679640 WikiTree: Phạm-80 Find a Grave: 14481640 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1926 viaxa a Guangzhou (no sur da China) para asistir a un curso de adestramento dirixido por Nguyen Ai Quoc (Ho Chi Minh) para logo ser admitido na Asociación Xuvenil Revolucionaria de Vietnam (predecesora do Partido Comunista de Vietnam).

En 1929 traballa para a asociación e é arrestado polos franceses, sendo sentenciado a 10 anos de cadea, que cumpre até 1936, cando se lle dá a amnistía.

En xeral, Pham Van Dong foi considerado como un destacado comunista e líder nacionalista; un dos máis fieis discípulos de Ho Chi Minh e unha das maiores figuras da Guerra de Vietnam. Coñeceuse como un político que tratou de manter unha posición neutral nos diversos conflitos dentro do partido, particularmente despois da unificación de Vietnam en 1975.

Foi Primeiro Ministro de Vietnam do Norte entre 1955 e 1976 e tamén Primeiro Ministro de Vietnam entre 1976 e 1987.

Faleceu o 29 de abril do 2000.[1]

Notas editar

  1. "Pham Van Dong, Voice of Vietnam's Revolt, Dies at 94 - New York Times Obituary". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o 04 de xuño de 2010. 
 
Primeiro Ministro de Vietnam do Norte

Segue a:
-
Phạm Văn Đồng
(1955-1976)

Precede a:
-
 
Primeiro Ministro de Vietnam

Segue a:
Nguyen Hu Tho
Phạm Văn Đồng
(1976-1987)

Precede a:
Pham Hung