Pexego chato

variedade de pexego

O pexego chato, pexego paraguaio ou simplemente paraguaio [1]  (Prunus persica var. platycarpa) é o froito dunha variedade procedente dunha mutación do pexegueiro (xénero Prunus), cunha froita semellante ao pexego pero con forma chata, pel aveludada de cor verde amarelada e carne branda e doce, adherida á carabuña[2].

O paraguaio é o resultado dunha mutación orixinada na China, sendo introducido nos Estados Unidos en 1869.[3] Cultívase principalmente en rexións tépedas e ten unhas esixencias de solo e cultivo similares ao do pexegueiro e mais a nectarina.

Do pexego chato existen diferentes variedades: de polpa branca con ou sen veas averdadas ou avermelladas, de polpa amarela, total ou parcialmente desprendida da carabuña.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Sinónimos en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Diciopedia do Século 21, Ed. do Castro - Ed. do Cumio - Ed. Galaxia, 2007
  2. Porposta de definición neolóxica difundida por Termigal
  3. "Donut Peach". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Pexego chato en Infojardín.com