Petrojarl Foinaven

O Petrojarl Foinaven é un FPSO (Floating crude Production Storage and Offloading unit) construído en Astano.

Petrojarl Foinaven
ex ANADYR

Maqueta Petrojarl Foinaven en Exponav.
Historial Bahamas
Estaleiro ASTANO
Clase Offshore Support Vessel
Tipo FPSO
Operador Golar-Nor Offshore A.S (actualmente Teekay Petrojar) British Petroleum
Porto de rexistro Nassau
Autorizado 1994
Botado 28 de agosto de 1995
Asignado 25 de outubro de 1996
Viaxe inaugural Ferrol-UK
Destino Foinaven oilfield (Atlántico norte)
Características xerais
Desprazamento 43279 TN
Eslora 250,20 m
Manga 34,00 m
Puntal 19,1 m
Calado 13 m
Propulsión 2 hélices accionadas por motores eléctricos con 6000kw cada unha, e 2 Motores Thruster 2400kw, 11kV
Potencia Catro diésel xeradores (gas-diésel) de 16 cilindros e Catro diésel xeradores (gas-diésel) de 18 cilindros, potencia total instalada 51.000 kW
Tripulación 70

Sociedade de clasificación: Det Norske Veritas (DNV)
Número OMI: 8887595
Número MMSI: 309499000

Deseño editar

O Petrojarl Foinaven foi construído en Astano como modificación dun buque existente, o Anadyr. Un buque construído para o mantemento e transporte de submarinos soviéticos, tiña unha eslora de 226,20 m e unha manga de 30 m. O buque foi construído en 1989 por Wärtsila, no estaleiro Turku, Finlandia.[1]

En Ferrol foi cortado o buque para aproveitar a proa e a popa que serían ensambladas ao corpo central de 142 m de eslora e 34 m de manga construído por Astano. Ao deseño engadíuselle un heliporto na proa. En 1994 Astano firmou un contrato con Golar-Nor Offshore para a construción do Petrojarl IV (Petrojarl Foinaven). Está deseñado para operar en profundidades de ata 500 metros.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar