Peter Molyneux
Peter Molyneux OBE, nado en Guildford (Surrey) o 5 de maio de 1959, é un deseñador e programador de videoxogos inglés, responsable dos coñecidos "xogos de simulación de deus" como Dungeon Keeper, Populous e Black & White, entre outros. Tamén é o responsable de xogos de estratexia "de negocios" como Theme Park, Theme Hospital, The Movies e xogos de rol como Fable.
Peter Molyneux | |
---|---|
Nome completo | Peter Douglas Molyneux |
Nacemento | 5 de maio de 1959 |
Lugar de nacemento | Guildford |
Nacionalidade | Reino Unido |
Ocupación | game programmer, enxeñeiro, programador, deseñador de xogos e designer de jogos eletrônicos |
Premios | oficial da Orde do Imperio Británico, cabaleiro da orde das Artes e as Letras e Game Developers Choice Award - Lifetime Achievement |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
En agosto de 1997 Peter deixou a compañía Bullfrog, para establecer un novo equipo de desenvolvemento, Lionhead Studios. Molyneux foi introducido no Vestíbulo da Fama en 2004 e foi feito oficial da coroa británica o 31 de decembro de 2004.
Recentemente recibiu a orde de Cabaleiro das Artes e as Letras, outorgado polo goberno francés. Desta maneira converteuse no cuarto membro da industria dos videoxogos en recibir este galardón, tras Shigeru Miyamoto, Frédérick Raynal e Michel Ancel.
Actualmente é responsable dun proxecto para Xbox 360, Milo un novo concepto de personaxe cunha intelixencia artificial nunca antes vista e un aproveitamento ao máximo deste novo sistema coñecido como Project Natal.