Peter Giles (filólogo)
Peter Giles, nado en Strichen, Aberdeenshire o 20 de outubro de 1860 e morto o 17 de setembro de 1935 en Cambridge, foi un distinguido filólogo e Master do Emmanuel College, Cambridge.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1860 |
Morte | 17 de setembro de 1935 (74 anos) |
Vice chancellor (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido |
Educación | Universidade de Aberdeen (pt) Gonville and Caius College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista , erudito clásico , filólogo |
Lingua | Lingua inglesa |
Traxectoria editar
Graduouse na Universidade de Aberdeen e acudiu á Universidade de Cambridge como alumno do Gonville and Caius College en 1882.[1] Obtivo unha clasificación de first class nas dúas partes do Classical Tripos e de second class en historia.
Tras escoitar as clases de Karl Brugmann en Friburgo e Leipzig, Giles levou as ideas dos neogramáticos a Inglaterra na súa única publicación, A Short Manual of Comparative Philology for Classical Students[2], publicada en 1895 e posteriormente traducida ao alemán.
Giles sucedeu a John Peile como Reader en filoloxía comparada en Cambridge en 1891, cargo que detentou ata a súa morte.
Notas editar
- ↑ Giles, Peter in Venn, J. & J. A., Alumni Cantabrigienses, Cambridge University Press, 10 vols, 1922–1958.
- ↑ archive.org