Peter Seeger, universalmente coñecido como Pete Seeger, nado en Nova York o 3 de maio de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2014 en Beacon, estado de Nova York, foi un musicólogo e cantante folk norteamericano.[1] Considerado un dos pioneiros da música folk e tamén da música de protesta dos cantautores nos anos cincuenta e sesenta, pertenceu ós Almanac Singers e máis tarde ó cuarteto The Weavers, que conseguiu facer popular a música folk nos circuítos comerciais.

Infotaula de personaPete Seeger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter Seeger Editar o valor em Wikidata
3 de maio de 1919 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónUnitário-Universalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Avon Old Farms School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , guitarrista , activista pola paz , mandolinista , cantautor , intérprete de banxo , musicólogo , artista urbano , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) Traducir (1942–1949) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica tradicional Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoBanjo, guitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSmithsonian Folkways (pt) Traducir
Fast Folk (en) Traducir
Folkways Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
Mariposa Folk Festival (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeToshi Seeger
FillosMika Seeger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCharles Seeger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Constance de Clyver Edson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPeggy Seeger (en) Traducir e Mike Seeger Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpeteseeger.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0781517 Allocine: 136958 Rottentomatoes: celebrity/770877240 Allmovie: p110660 IBDB: 70075
Bandcamp: peteseegerstormking Spotify: 1P9syEkl41IFowWIJN7ZBY iTunes: 392092 Musicbrainz: af18a9bc-e4ab-4068-9489-b64e8186fcf1 Songkick: 557629 Discogs: 239937 Allmusic: mn0000266160 WikiTree: Seeger-171 Find a Grave: 124254104 Deezer: 70069 Genius: Pete-seeger Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira editar

Estudou xornalismo en Harvard e durante anos buscou nos arquivos e bibliotecas dos Estados Unidos cancións tradicionais, rescatándoas e creando novos temas baseados na música tradicional, ademais de seguir o camiño iniciado por xente como Woody Guthrie. Son cancións súas as xa míticas "Where Have All the Flowers Gone?", "If I Had a Hammer" e "Turn, Turn, Turn", que foron gravadas por multitude de artistas, tanto de folk como doutros estilos.

Política editar

Activista de esquerda durante toda a súa vida[2] e membro do Partido Comunista dos Estados Unidos de América, compareceu diante o Comité de Actividades Antiamericanas e alí defendeuse acompañado polo seu banxo ofrecéndose a cantar para eles dixo "Teño cantado para moitas audiencias. Teño cantado en xunglas de vagabundos e cantei para os Rockefeller. Nunca me neguei a cantar para ninguén. Esa é a única resposta que podo dar. Estou orgulloso de ter cantado para os estadounidenses de todas as tendencias políticas".[3]

Familia editar

Era fillo de Constance de Clyver Edson e de Charles Seeger, un coñecido pacifista e musicólogo estadounidense, e sobriño de Alan Seeger,[4] un poeta de guerra estadounidense de ascendencia alemá que loitou contra o Imperio alemán na Primeira guerra mundial e morreu en combate o 4 de xullo de 1916, durante a ofensiva do Somme, servindo na Lexión Estranxeira francesa.[5] Foi pai de Mika Seeger e parella de Toshi Seeger. Pete Seeger era irmán dos tamén músicos folk Peggy Seeger e Mike Seeger.

Notas editar

  1. Pareles, Jon (2014-01-28). "Pete Seeger, Champion of Folk Music and Social Change, Dies at 94". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-08-23. 
  2. Redação (2014-01-28). "A morte do cantor folk americano Pete Seeger". GGN (en portugués). Consultado o 2022-08-23. 
  3. "AP WAS THERE: Pete Seeger's HUAC testimony". AP NEWS (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 
  4. "Poems by Alan Seeger". Daily Poetry (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 
  5. Friedman, Dick (2016-10-05). "Alan Seeger". Harvard Magazine (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar