Pesca con explosivos

A pesca con explosivos é unha práctica pesqueira consistente en facer detonar explosivos para aparvar ou matar cardumes de peixes e facilitar así a súa captura.

Pesca con explosivos

Características editar

Este tipo de pesca, a miúdo considerada ilegal, pode ser extremadamente destrutiva para o ecosistema mariño, pois as explosións destruen o hábitat subxacente, por exemplo, os arrecifes de coral. Ademais, a propia natureza dos explosivos implica un alto grao de perigo para os propios pescadores, quen están expostos a accidentes, mutilacións ou mesmo a morte por artefactos defectuosos ou o mal cálculo da detonación.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar