Pero Meogo
xograr galego-portugués
Pero Meogo foi un xograr galego-portugués da Idade Media.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1200 (Gregoriano) |
Morte | 1261 (Gregoriano) (60/61 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xograr |
Lingua | Lingua galego-portuguesa |
Traxectoria editar
Del non se ten case información, e suponse que debeu ser contemporáneo do rei don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325). Consérvanse nove cantigas de amigo da súa autoría.
Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo[1]. Neste autor vese un amplo uso de símbolos da natureza, especialmente do cervo e a auga.
Notas editar
- ↑ Carlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989
Véxase tamén editar
Edicións editar
- MÉNDEZ FERRÍN, X. L.: O cancioneiro de Pero Meogo, Vigo, Galaxia, 1966.
- AZEVEDO FILHO, L. A. de: As cantigas de Pero Meogo, Brasilia, 1981.