Pernalonga
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Neoaves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Charadrii
Familia: Recurvirostridae
Xénero: Himantopus
Especie: H. himantopus (disputado)
Nome binomial
Himantopus himantopus
(Linnaeus, 1758)
Subespecies

1–7, véxase texto

A pernalonga[2] (Himantopus himantopus) é unha ave de distribución xeográfica moi ampla, caracterizada pola lonxitude das súas patas, extremadamente longas en relación ó corpo. Está en discusión se esta ave é unha única especie ou varias, e, segundo diversos expertos, so o nome científico Himantopus himantopus poderían estar comprendidas en realidade entre 2 e 4 especies.

Descrición editar

Os exemplares adultos miden entre 33 e 36 cm de lonxitude, teñen patas moi longas de cor rosada e un bico negro longo e fino. Son de cores contrastadas: negras por riba e brancas por debaixo. A cabeza é branca e o pescozo parcialmente negro. A presenza de cor negra na cabeza é máis marcada nos machos, pero non exclusiva deles, polo que non é definitiva para diferenciar os sexos. Ademais, os machos adoitan perdera cor negra da cabeza no inverno. As aves inmaturas substitúen o negro da caluga polo gris, teñen o lombo acastañado e as puntas das plumas das ás claras, o que, cando voan, permite ver uña liña clara nas beiras das ás.

Distribución xeográfica editar

Viven en zonas chás con augas doces, salobres ou salgadas en lagoas, salinas e lagos. A lonxitude das patas permítelles procurar alimento en augas relativamente fondas. As discusións que provoca a exacta cuantificación de especies fan difícil indicar a distribución xeográfica exacta, aínda que se considerarmos unha especie única, abranguería practicamente os cinco continentes. As poboacións que crían en Europa pasan o inverno en África.

Alimentación e reprodución editar

Comen principalmente insectos e crustáceos que apañan na area ou na auga. Fan os niños, a miúdo en pequenos grupos mesturados con outras aves de ribeira, como a avefría, preto da auga.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Himantopus himantopus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar