Mercadotecnia permitida

(Redirección desde «Permission marketing»)

O permission marketing (mercadotecnia permitida) é un termo acuñado por Seth Godin e usado na mercadotecnia electrónica que consiste en que os vendedores lles piden permiso aos potenciais clientes antes de enviar anuncios publicitarios dos seus produtos. Así, é para eles unha forma eficiente de publicitárense xa que, ao pedir permiso anticipadamente, envían os seus anuncios só ás persoas que están interesadas no que ofrecen.

A efectividade deste tipo de publicidade permítelles aos anunciantes pagarlles unha pequena cantidade por recibiren correos electrónicos cos anuncios que lle interesan ao consumidor. Ademais se se conseguen amigos que tamén acepten recibir publicidade (referidos), o consumidor cobra polos correos electrónicos que estes lean. Isto é o que se denomina mercadotecnia viral.

Cómpre dicir que a cantidade de diñeiro que o consumidor recibe non é moi elevada, só conseguindo moitos referidos se pode chegar a unha cantidade aceptábel. Cando unha empresa di pagar cantidades moi elevadas por recibir publicidade, adoita tratarse dunha estafa.