Período de incubación

tempo entre unha infección e a aparición dos síntomas
Para outro dignificado véxase Incubación

O período de incubación é o tempo comprendido entre a exposición dun individuo a un organismo, a unha substancia química ou a unha radiación patoxénico a a aparición dos primeiros signos e síntomas da enfermidade. Este período pode ser tan curto como algúns minutos, ou tan longo como trinta anos, como no caso da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

Aínda que latencia ou período de latencia poden ser sinónimos, ás veces faise unha diferenza entre estes termos e o de período de incubación —o período entre o contaxio e o inicio clínico da enfermidade— e período latente —o tempo desde a infección até que se volve contaxiosa— o cal adoita ser máis curto.

Unha persoa pode ser portadora dunha enfermidade infecciosa, tales como as producidas por Streptococcus na gorxa, sen exhibir ningún síntoma. Dependendo da enfermidade, unha persoa pode ser ou non ser capaz de transmitir a doenza a outras durante o período de incubación.

Exemplos de períodos de incubación editar

Os períodos de incubación varían moito e usualmente exprésanse en termos de rango. Cando é posíbel, é mellor expresar a media e o décimo e nonaxésimo percentil, aínda que esta información non está sempre dispoñíbel. Os valores mencionados están acomodados en orde ascendente por números de días, aínda que nalgúns casos a media debe inferirse.

Para moitas condicións, os períodos de incubación son máis longos nos adultos que nos nenos.

Enfermidade Período de incubación Referencia
Celulite causada por Pasteurella multocida menos de 1 día [1]
Cólera 1-3 días [2]
Gripe 1-4 días [3]
Escarlatina 1-4 días [4]
Arrefriado común 2-5 días [5] Arquivado 26 de maio de 2011 en Wayback Machine.
Ébola 2-21 días
Febre das Montañas Rochosas 2-14 días [6] Arquivado 26 de maio de 2011 en Wayback Machine.
SRAS até 10 días [7]
Roséola 5-15 días [8] Arquivado 01 de maio de 2009 en Wayback Machine.
Poliomielite 7-14 días [9]
Tose ferina 7-14 días [10]
Xarampelo 9-12 días [11]Arquivado 04 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
Varíola 7-17 días [12]
Tétano xeneralizado 7-21 días [13]
Varicela 14-16 días [14] Arquivado 26 de maio de 2011 en Wayback Machine.
Eritema infeccioso 13-18 días [15] Arquivado 26 de maio de 2011 en Wayback Machine.
Parotidite 14-18 días [16]
Rubéola 14-21 días [17] Arquivado 26 de maio de 2011 en Wayback Machine.
Mononucleose infecciosa 28-42 días [18] Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
Kuru media entre 10,3 e 13,2 anos [19]

Véxase tamén editar