Pep Guardiola

futbolista e adestrador de fútbol español

Josep 'Pep' Guardiola i Sala, nado en Santpedor (Barcelona) o 18 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español, que dirixe o Manchester City dende 2016. Amplamente considerado como un dos mellores adestradores de tódolos tempos, é o segundo técnico con máis títulos da historia, cun total de 38, só por detrás de Alex Ferguson. Entre as súas conquistas conta con tres Ligas de Campións da UEFA, tres ligas españolas de Primeira División, tres Bundesligas alemás, cinco Premier Leagues inglesas. É ademais o único adestrador con catro Copas Mundiais de Clubs e o único en ter gañado en dúas ocasións o triplete de liga, copa e máxima competición europea (unha co FC Barcelona e outra co Manchester City).

Pep Guardiola
Guardiola en 2015
Información persoal
Nome Josep Guardiola i Sala
Nacemento 18 de xaneiro de 1971 (53 anos)
Lugar de nacemento Santpedor
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Manchester City (adestrador)
Carreira xuvenil
Gimnàstic Manresa
1983–1990 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1992 Barcelona B 59 (5)
1990–2001 Barcelona 263 (6)
2001–2002 Brescia Calcio 11 (2)
2002–2003 Roma 4 (0)
2003 Brescia Calcio 13 (1)
2003–2005 Al-Ahli 18 (2)
2005–2006 Dorados de Sinaloa 10 (1)
Total 378 (17)
Selección nacional
1991–1992 España sub-21 2 (0)
1992–2001 España 47 (5)
1995–2005 Cataluña 7 (0)
Adestrador
2007–2008 Barcelona B
2008–2012 Barcelona
2013–2016 Bayern München
2016– Manchester City
Na rede
IMDB: nm2150064 Allocine: 882637
Twitter: GuardiolaTweets FIFA: 77901 UEFA: 15008 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Como futbolista xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva no Barcelona, co que gañou seis ligas e unha Copa de Europa entre outros títulos. Foi internacional coa selección española, coa que participou no Mundial de 1994 e na Eurocopa de 2000, ademais de gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.

Traxectoria editar

 
Josep Guardiola

Xogaba de centrocampista e o seu primeiro equipo foi o Fútbol Club Barcelona. Coa selección de fútbol de España disputou os Xogos Olímpicos de 1992, o Mundial de 1994 en Estados Unidos e a Eurocopa en 2000. Comezou adestrando ao FC Barcelona B, na súa primeira campaña no filial do club Catalán, onde lograría o ascenso de categoría. O 8 de maio de 2008 foi designado pola xunta directiva para adestrar ao Fútbol Club Barcelona para a tempada 2008/2009, en substitución de Frank Rijkaard, club co que acadou un fito histórico ao facer un sexteto coa consecución da Liga española, a Copa do Rei a Copa da Champions League, a Supercopa de España a Supercopa de Europa e o Mundial de Clubs.

Palmarés editar

Como futbolista editar

Barcelona B
Barcelona
España

Como adestrador editar

Barcelona B
Barcelona
Bayern de Múnic
Manchester City

Distincións individuais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Frank Rijkaard
 Adestrador do FC Barcelona 
20082012
Sucesor:
Tito Vilanova