Penelope

xénero de aves

Non confundir con Penélope.

Penelope é un xénero de aves galiformes da familia dos crácidos, que é o tipo da subfamilia dos penelopinos.

Penelope ochrogaster.
Penelope purpurascens.
Penelope superciliaris.

Características, hábitat e distribución editar

A subfamilia abrangue 15 especies de aves arbóreas de tamaño grande (de 65 a 95 cm) e aparencia semellante ás dos pavos, que se distribúen polos bosques desde o sur de México até a América do Sur tropical. A súa plumaxe e predominantemente de cor parda escura, e a súa cabeza é relativamente pequena en relación co tamaño dos seus corpos.

A maioría dos membros deste xénero teñen unha chamada típica estridente. Un certo número deles son especies ameazadas e, polo menos unha, está en perigo crítico de extinción, xeralmente debido á deforestación e caza. No caso de varias especies as poboacións estimadas son tan baixas como unhas 1 000 aves maduras distribuídas nunha área considerábel. Debido á escaseza de moitos dos membros do xénero, e tamén debido ao que os seus hábitats adoitan atoparse en bosques de altitudes moi altas, son pouco coñecidos os seus hábitos e a súa reprodución; de feito, algunhas especies atópanse en altitudes de até os 3 350 metros. Os niños constúenos tipicamente nas ramas das árbores.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1786 polo naturalista alemán Blasius Merrem,[1] na súa obra Avium rariorum et minus cognitarum icones et descriptiones.[2]

Etimoloxía editar

O nome do xénero, Penelope, deriva do grego antigo Πηνελόπη Pēnelópē, Penélope, personaxe da Odisea; os filólogos clásicos tenden a considerar que este nome vén probabelmente de πηνέλοψ pēnélops, nome de certa especie de pato ou de ganso salvaxes.[3][4]

Especies editar

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:[1][5]

Evolución editar

O xénero Penelope parece que se orixinou como conmsecuencia da expansión cara ao sur dos crácidos a través dos Andes até toda a América do Sur tropical. Os seus parentes máis achegados son probabelmente as especies do xénero Aburria. Os antepasados destes xéneros aparentemente diverxeron nalgún momento durante o mioceno superior, hai 20-15 millóns de anos, pero isto non está corroborado pola evidencia fósil.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Penelope Merrem, 1786 no ITIS.
  2. Wikispecies.
  3. Penelope (bird genus) Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Memidex dictionary.
  4. Carnoy, Albert (1957): Dictionnaire étymologique de la mythologie gréco-romaine. Paris: Librairie orientaliste Paul Geuthner.
  5. Penelope en "Megapodes, guans, guineafowl, New World quail". IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019). Consultada o 31 de xaneiro de 2019.
  6. Pererira et al. 2002.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar