Pendellos da feira de Agolada

construcións civís en Agolada

Coordenadas: 42°45′46″N 8°01′06″O / 42.762777777778, -8.0183333333333

Os pendellos da feira de Agolada, situados na vila de Agolada, son construcións de pedra do século XVIII empregadas polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalarías ou gando, comer e facer as vendas e as compras.

Pendello.

Os pendellos foron declarados conxunto histórico-artístico en 1985[1], e en 1990 a Xunta de Galicia e o concello puxeron en marcha un proxecto para limpar e restaurar algúns deles.

A vila de Agolada era famosa pola súa tradicional feira do 12 de cada mes, e hoxe en día tamén pola feira de artesanía en xullo e a feira medieval en agosto.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar